Xa temos
as fotos dos Maios que crearon os nosos alumnos, sumándose
ao noso reto #maiosdendeascasas.
Para
elaboralos usaron fiúnchos, flores, froitas, verduras, cartolinas, papeis,
etc.
Lía
de Leiro primeiro foi apañar as flores, despois ensartounas cun fío (tendo
moito coidadiño de non pincharse) e, para rematar, construíu un cono con cartón
e púxoas por enriba del.
Tamén
realizou un precioso carteliño para desexarnos a todos un Feliz 1 de Maio.
Marta
de Ribadumia B utilizou unha maceta para poñelo e fiúncho, flores e ovos para
confeccionalo.
Rosana
e Ero de Leiro fixeron un cono cun caderno vello, e sobre el colocaron as
flores, fiúncho, colares e pulseiras. Despois recortaron unha grilanda de monecos de papel aos
que debuxáronlle ollos, pelo, nariz, boca e, escribiron neles os nomes dalgúns
compañeiros da aula.
Din
que con estes bonecos representan a todos os nenos, que teñen que estar
confinados nas casas debido a esta pandemia, que están comportándose como uns campións.
Marta
de Leiro, para elaboralo usou follas de acelga, plátanos, limóns, amorodos,
ovos, calas, pauciños de pan e ameixas, nas que escribiu os nomes de todos os seus
compañeiros de aula.
Sandra
a mamá de Marcos de Leiro e Adrián, contounos que como foron a dar un paseo e
viron moitos fiúncho e flores de cores decidiron recollelos para facer un Maio.
Entre todos construírono e pasaron unha tarde moi divertida.
Tamén
Lucía e Breixo, dous ex alumnos do noso colexio, enviáronnos unha foto do Maio
que realizaron.
Dani
de Lois con camelias, margaridas, fiúnchos e ovos e laranxas que debuxou pintou
e recortou, elaborou o seu Maio.
Gael
de Leiro, escolarizouse este curso no noso colexio no nivel de 5 anos. Antes estivo
noutro en Cantabria, no que non se celebraba esta festa. Pero, de
todos xeitos, quixo confeccionar o seu Maio para o que utilizou unha cartolina, para a estrutura en forma de cono, folios para debuxar as flores, estrelas e
limóns e ceras para colorealo todo.
Roi
de Leiro, colleu flores de cores e fiúnchos para realizar o seu.
QUE PRECIOSOS MAIOS E CANTA
IMAXINACIÓN PARA REALIZALOS!
Vera de Ribadumia A, reciclou
cartón para facer flores e despois pintounas utilizando moitas cores.
Lara
de Lois, uníndose ao noso reto #floresdendeasventásebalcóns, elaborounas con material de refugallo, pintounas e púxoas nas súas ventás.
Lía
de Ribadumia B, uniuse tamén a este reto, fixo cadenetas de flores con material
reciclado.
Dana
e Adriana de Ribadumia B, realizaron coroas de margaridas e flores con material
de refugallo (algunhas delas puxéronas nas ventás).
A
súa mamá María José, dinos que tamén colocaron ramos de xestas nas portas e ventás como
“amuleto” para protexer a casa e aos que viven nela.
E
aquí tedes os versos que inventaron os nosos alumnos:
Marta de Ribadumia B, discorreu uns que fan referencia ao seu Maio feito nunha maceta.
ESTE É O NOSO MAIO
PARECE UN FLOREIRO,
PERO PARA MIN
O MELLOR DO MUNDO ENTEIRO.
O MELLOR DO MUNDO ENTEIRO.
PLAS, PLAS, PLAS,
PLAS, PLAS, PLAS.
PLAS, PLAS, PLAS.
Vera
de Ribadumia A, ideou e escribiu estes versos.
COMO RIMAN AS VOSAS ESTOFAS!
ESTÁN XENIAL!
MOITAS
GRAZAS FAMILIAS POLOS VOSOS TRABALLOS!
FELIZ
1 DE MAIO PARA TODOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario