Hoxe, 21 de marzo de 2022, celebramos o Día Internacional dos Bosques.
Dende
2012 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarouse este día, para concienciar a
poboación da importancia dos bosques e para loitar contra a deforestación.
Na
aula de natureza estivemos falando do importantes que son as árbores e
enumeramos moitas das cousas que nos proporcionan: madeira, alimentos, oxíxeno,
sombra, son a casa de animais…
Despois estivemos escribíndoas, nunha árbore, para animar a todo o mundo a coidalas e protexelas.
Tamén estivemos lendo o conto “El viaje de Papelote” que trata sobre unha árbore que vivía feliz na selva do Amazonas, ata que un día chegaron uns homes que o cortaron e levaron para convertelo en papel.
Esta historia que ten como finalidade que todos tomemos conciencia de que a
natureza e o medio ambiente son o noso maior tesouro e por iso temos que amalos
e preservalos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario