O 22 de marzo, conmemoramos o Día Mundial da Auga.
Este ano
o foco de atención céntrase nas augas subterráneas, que son invisibles e teñen uns efectos que se aprecian en todas partes. Estas, tras
alimentar mananciais, ríos, lagos…, finalmente fíltranse aos océanos. A súa
principal fonte de recarga é a choiva e a neve que vai a través do chan e, poden
extraerse á superficie por medio de bombas e pozos.
A vida
sen elas non sería posible, xa que a maioría das zonas áridas do Planeta
dependen por completo deste recurso, que subministra unha gran parte da auga
que se utiliza nas casas, na produción de alimentos, saneamentos…
Na aula de natureza estivemos lendo o conto “Aventuras de una gota de agua”.
Narra a historia dunha gota de auga que despois de vivir moito tempo baixo terra,
sentiu moitas ganas de saír a ver a luz. No seu percorrido atoparase con
animais, plantas, árbores, persoas…, que lle irán dando as grazas por
axudarlles a medrar, darlles alimento…
No hay comentarios:
Publicar un comentario