Sonia,
a mamá de Sofía de Ribadumia B, mandounos fotos da comida que fixeron co repolo que lle tocou a súa filla no sorteo que realizamos coas verduras do noso
invernadoiro.
Prepararon un cocido e un caldiño, e os ingredientes que utilizaron foron: fabóns, repolo, patacas e carne do porco, óso de tenreira, 2 chourizos e unto.
Preparación:
Despois de ter a remollo os fabóns unhas 12 horas, puxéronos a cocer coa carne de porco (costela, pé, rabo, pezuño, panceta e orella), un oso de tenreira, 2 chourizos e un cachiño de unto. Cando todo isto estivo feito, sacárono e botaron o repolo picado e as patacas. A continuación, deixárono cociñar e retirárono do lume e a o día seguinte volveron de novo a quentalo.
Dinos que estaba riquísimo!!
MOITAS GRAZAS POLA RECEITA!
ENCÁNTANOS VER A SOFÍA
COMENDO!
O REPOLO QUE LLE TOCOU!
No hay comentarios:
Publicar un comentario