viernes, 8 de febrero de 2019

ZAPATIÑOS DE VENUS

Hoxe, 8 de febreiro, os nenos de Sisán estiveron plantando no xardín zapatiños de Venus. O seu nome orixinal e calceolaria, pero comunmente tamén se lle chama capachiños, zapatiños da Virxe ou topa-topa.


Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

miércoles, 6 de febrero de 2019

CADERNO VIAXEIRO: SUPERAVÓS

No C.R.A de Ribadumia, elaboramos uns cadernos viaxeiros (un por aula) que esta semana empezaran a percorrer os fogares dos nosos alumnos.


Os avós van ser os protagonistas. Queremos darlles a importancia que merecen, xa que consideramos que asumen moitas veces os labores de coidado, acompañamento e educación dos seus netos. A nosa intención é a de establecer lazos de unión entre estas dúas xeracións (avós e netos) xa que, aínda que cronoloxicamente están distantes, encóntranse afectiva e sentimentalmente moi próximas.
Neste caderno viaxeiro, atoparemos unha primeira folla na que as familias terán unha pequena explicación do motivo da súa realización e que é o que pretendemos que fagan nas casas.
Despois, veñen as follas para cubrir (dúas por familia):
Nunha hai un sobre con 4 papeliños (para que poidan participar todos os avós que queiran). En cada unha terán que poñer o seu nome e o do seu neto, e despois contarnos algunha afección que teñan (coleccionar, tocar  instrumentos, cantar, realizar algún tipo de xogo…), algo relacionado co seu traballo ou que cousas lles gusta facer (xardinería, contar contos, pintar, cociñar…).



Na outra, pegarán algunha foto cos seus netos realizando calquera destas actividades, cousas que fagan xuntos habitualmente ou simplemente posando. Aquí tamén poden poñer textos acompañando ás fotos.
Unha vez que devolvan o caderno, a nosa intención e que vaian vindo á escola e compartan connosco todas estas experiencias, actividades, anécdotas…, que describen. Deste xeito, os nenos valorarán e respectarán aos seus avós e coñecerán, de primeira man, as súas vivencias.


Se hai algún bisavó que queira participar, tamén será benvido

martes, 5 de febrero de 2019

CAMPANULAS E OXALIS OU OCAS

O nenos de Ribadumia B, estiveron plantando en rodas recicladas campanulas e oxalis ou ocas. Estas últimas teñen as follas tipo trevo.   
CAMPANULAS 


OXALIS OU OCAS



Tedes máis fotos dos nenos neste ENLACE. 

COLLEITA DO BRÓCOLI

O brócoli que plantamos no invernadoiro, xa esta listo para comer. Para que os nosos alumnos poidan probalo, estamos realizando o seu sorteo.

lunes, 4 de febrero de 2019

CANTAS ACTIVIDADES!

Hoxe, luns 4 de febreiro, tivemos unha xornada escolar onde os alumnos do CRA de Ribadumia asistiron á escola de Sisán para realizar durante a mañá moitas actividades.
Primeiramente veu “Atomillo” para falarnos das RAEE (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos). Vimos un vídeo onde os bolechas explicáronnos cales son os aparellos eléctricos e electrónicos. Contáronnos que cando se rompen hai que arranxalos, e se non se pode levalos ao punto limpo ou á tenda onde compramos o novo. Tamén veu EcoBraulio, superheroe da reciclaxe dos RAEE, para dicirnos que temos que formar un gran batallón da reciclaxe para defender o Planeta da contaminación, do abuso dos recursos naturais e das malas prácticas que poñen en perigo o noso medio. 
De regalo deixaron para cada neno un caderno de actividades e unha unidade didáctica dos Electrecos, un conto, unha pegatina, consellos para reciclar estes residuos e un carné de socio do movemento RAEE dos bolechas.


Despois viñeron dos cociñeiros de Ponlle as Pilas ao teu Bocata (xa que este ano volvemos a formar parte do programa Aliméntate Ben). Explicáronnos a importancia de comer peixe e, os alumnos, puideron ver como o atún, a sardiña e o mexillón falaban de todas as vitaminas que poden aportarnos se os comemos. Trouxeron unhas gafas máxicas, coas que os nenos puideron ver como se collen os percebes. Despois elaboraron para os rapaces bocadillos a base de conservas, combinados con queixo e distintos vexetais (leituga, tomate, millo…). 
Agasalláronnos cun recetario de bocadillos, un chaveiro e unha viseira para cada un.



Para finalizar, tivemos a visita de tres hixienistas dentais que faláronnos do rato Pérez, que temos na boca (dentes, lingua, labios…) e para que serve (beber, comer, rir…), que é o que debemos e non debemos de comer para non ter caries, como se limpan os dentes. Tamén miraron os cepillos que trouxeron os nenos das casas para comprobar se había que cambialos ou estaban ben. 
Lembráronnos que hai que lavar os dentes tres veces ao día ( despois de almorzar, xantar e cear) e, para que o poideran rexistrar, déronlles un calendario de dentes (onde teñen que pintar un cadrado cada vez que os lavan).
Tamén trouxeron de regalo un cepillo e unha pasta de dentes para cada alumno e un conto. 

sábado, 2 de febrero de 2019

CARAMULO

Esta semana, estivemos lendo o conto “Caramulo e a carpinteira dos soños” de Anxo Moure. 

Este libro pretende ser unha homenaxe ás persoas que construían xoguetes de madeira, representadas no vello Xepeto. 
Caramulo, naceu dunha árbore autóctona, das que predominan nos nosos bosques. Grazas a Fernanda, unha carpinteira, converterase nun cabaliño de madeira con vida propia que terá como misión axudar a Teixo e Xacía (dous nenos) para que a xente se conciencie de que hai que deixar de contaminar a terra, tirar lixo nos ríos, armar guerras, queimar os bosques…  


Estes son algúns debuxos de Caramulo, que fixeron os nosos alumnos.



martes, 29 de enero de 2019

DÍA DA PAZ

Mañá, 30 de xaneiro, celebramos o día da Paz.


Na aula de natureza estivemos falando de que cousas podemos facer para que haxa paz, e os nenos dixeron: ser amigos, axudarnos uns a outros, non tirar lixo, non queimar os bosques, non pelexar nin pegar, non pegar nin abandonar aos animais…


Despois lemos o conto de Kalandraka “Nadarín”. Esta historia fala de que hai que superar os medos propios, ter forza de vontade para disfrutar do que temos ao redor pese ás adversidades que se presenten, ser solidario cós demais… Pero a súa mensaxe principal é, que “a unión fai a forza”. 




Como no C.R.A de Ribadumia este curso 2018-19 temos un proxecto anual sobre o circo decidimos poñernos narices de pallaso e sorrir, como desexo de Paz para todo o mundo.
Neste ENLACE podedes ver o vídeo que fixo a mestra Olalla (de TIC e Educación Física) con todas as fotos dos sorrisos de mestres e alumnos. Para a música utilizouse a canción “sonrisas” do grupo “Sueño de Morfeo”

lunes, 28 de enero de 2019

martes, 15 de enero de 2019

QUITANDO MALAS HERBAS NO XARDÍN

O noso xardín xa volve ter malas herbas polo que, aproveitando o bo tempo, estivemos quitándoas. 
Os encargados de realizar esta tarefa foron os alumnos de Leiro e Ribadumia B.