viernes, 6 de noviembre de 2026

OBRADOIRO CREATIVO DE CABAZAS

Esta semana, @s nen@s de todas as aulas estiveron realizando un obradoiro creativos de cabazas coa mestra Patricia.

Estiveron falando de todas as comidas e doces que podemos elaborar con elas.

Utilizando unhas pequenas, baleiráronas e reservaron as pebidas.

Para rematar, colorearon debuxos de cabazas e pegaron na boca, nariz e ollos as sementes.



QUE BONITAS QUEDARON!!

QUE ACTIVIDADE MÁIS DIVERTIDA!!

viernes, 30 de octubre de 2026

FESTA DO MAGOSTO-SAMAÍN

Este venres, 30 de outubro, celebramos no CRA de Ribadumia a festa do Magosto-Samaín.

As familias trouxeron cabazas decoradas nas casas, castañas, carozos e piñas para asalas e tamén riquísimos doces para a merenda.



Durante a maña fixemos moitas actividades: desfile de disfraces, paseo do terror, obradoiros de apócemas e steam, pintar unha castaña para pegar nunha cestiña feita con cartóns de leite reutilizados…

Tamén viñeron os da academia KIds& Us, para amenizarnos cunha obra de teatro de Halloween en inglés.



Como en cursos anteriores, recibimos a visita da bruxa Ermelinda.



E para rematar, o alumnado bailou a coreografía que preparou coa mestra Olalla de música.


Temos que dar as grazas á ANPA polas cousas que fixeron para a decoración desta festa, e tamén por asar as castañas. 

jueves, 29 de octubre de 2026

TEMOS NOVO COMPOSTEIRO!!

O Concello de Ribadumia puxo en marcha, este mes de outubro, unha campaña de fomento da compostaxe doméstica coa entrega de cen composteiros, Esta iniciativa, está dirixida a incrementar a eficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal.

Para poder dispoñer habia que: cubrir unha solicitude online na súa web, usar un código QR ou tamén contactando por teléfono Concello no caso de non dominar as novas tecnoloxías.

Dende o CRA de Ribadumia sumámonos a esta iniciativa, e a directora cubriu a solicitude.

Hoxe viñeron con el a Leiro, xa que é onde realizamos todas as actividades relacionadas co coidado da natureza e medio ambiente.

Decidimos poñelo preto do outro e en contacto coa terra, para facilitar a entrada de microorganismos que van descompoñer o que botemos nel.

A persoa que o trouxo, explicoulles aos/as nen@s para que serve, que podemos meter nel para facer compost e o importante que é, para as verduras e o medio ambiente, o seu uso.

Despois @s alumn@s, seguindo as súas instrucións, colleron follas secas do xardín para facer unha cama con elas na súa parte máis baixa. Esta, vai servir de colchón esponxoso que absorbe a auga sobrante e axuda a respirar aos bichiños do composteiro, xa que se o fondo queda sen aire ou moi mollado, vai acontecer que “os bichiños máxicos” que fabrican a terra afogarán ou enfermarán.



sábado, 24 de octubre de 2026

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

 Hoxe, 24 de outubro, é o Día Internacional Contra o Cambio Climático.

Como para o noso alumnado de Educación Infantil  é un termo complicado de entender, para axudarlles a comprendelo explicámoslle que:

A Terra leva unha capa de aire ao redor que funciona como un unha manta que a mantén quentiña e cómoda para que vivan as plantas, animais e persoas. Pero os coches, fabricas..., lanzan fumes que suben ao ceo, e fan que que a manta se ensucie e sexa cada vez máis gorda. Isto vai provocar que a Terra pase cada vez máis calor e se poña enferma como cando nós temos febre. Como consecuencia disto, o xeo dos polos derretese e o tempo esta revolto pasando, no mesmo día, de sol a choiva e frío, tendo tormentas, sarabiadas, inundacións…

Para evitar isto podemos utilizar menos o coche e desprazarnos andando, en bicicleta, autobús, tren…

Accións como ducharse no lugar de bañarse, utilizar menos a calefacción, cerrar a billa cando cepillamos os dentes, non utilizar tantos plásticos, tirar o lixo nos contedores e non no chan…, poden axudar a evitar o cambio climático.

Despois estivemos lendo o conto "La tortuguita y el mar" de Becky Davies (editorial Bruño), no que a protagonista é unha tartaruga á que lle encanta o lugar onde vive, que é un precioso mar cheo de vivos cores e marabillosas sorpresas. Pero un día, este mar, ponse escuro, feo e triste e ela e os demais animais que alí viven comezan a correr perigo. Logrará librarse do plástico e a contaminación que invade o seu fogar?


Despois Tamén vimos o vídeo de Happy Learning "Animales en peligro de extinción", que explica cales son as causas de que algunhas especies estean desaparecendo: a destrución dos lugares onde viven, a contaminación e o lixo que tiramos ao chan e ao mar (moitos comen os plásticos pensando que son alimento), a súa caza ilegal...



O PLANETA É DE TODOS…

COIDÉMOLO!!

viernes, 16 de octubre de 2026

DÍA DA ALIMENTACIÓN

Hoxe, 16 de outubro e o día da alimentación.

Na aula de natureza, estivemos falando de que a comida é moi importante, xa que é a “gasolina” que fai que teñamos súper poderes para que poidamos realizar todas as actividades diarias (correr, saltar, pensar...), ademais de axudarnos a medrar sas. Pero non todos os alimentos son bos, hai algúns que son saudables e debemos tomalos todos os días ( froitas, verduras, pescado, legumes…) e outros que, se consumimos demasiados, como teñen moitos azucres e graxas poden facer que nos doa a barriga ou saian caries nos nosos dentes, sintámonos máis cansados…

Despois miramos un vídeo Happy Learning titulado “Una dieta saludable”, no que explican que temos que comer para crecer fortes e que o noso corpo funcione ben ao 100%.


Para rematar, dunhas imaxes de alimentos, rodeamos de verde os que son bos e tachamos os que non. 

jueves, 15 de octubre de 2026

QUITANDO MALAS HERBAS NO XARDÍN

Estos días tamén comezamos a quitar as malas herbas do xardín.

RIBADUMIA A

SISÁN


LOIS


Durante o verán medraron moitas, e temos moito traballo para poder sacalas todas e empezar a plantar flores de cores.

PLANTANDO UN LIMOEIRO

A mamá de Alma da escola de Sisán, enviounos ao correo electrónico un collage con fotos da súa filla plantando un limoeiro.

Todas as árbores son moi importantes xa que a través das súas follas fan maxia: tragan o aire que nós non podemos usar por estar contaminado e sucio, e o transforman en osíxeno limpo que necesitamos para vivir.

Ademais son a casiña de moitos animais, dan sombra e froitas...    

QUE GRAN TESOURO NATURAL TEMOS CON ELAS!!

Alma, estou moi orgullosa de ver como coidas

o medio ambiente!!

domingo, 4 de octubre de 2026

DÍA DOS ANIMAIS

Hoxe, 4 de outubro, é o día dos animais.

Con esta conmemoración o que queren é facer fincapé sobre a importancia de protexer a todas as especies e promover o seu benestar.

Na aula de natureza estivemos lendo un conto titulado “Pepín el vencejo” de Proyecto vencejos” que xurdiu no ano 2021 debido á multitude de cirrios que chegaban ao ZooBotánico Jerez e ao CREA (Centro de Recuperación de Especies Ameazadas) dunas de San Antón. Como consecuencia de multiples causas como accidentes, golpes de calor ou voos prematuros…, os pitos de cirrio saen do niño prematuramente caendo ao chan sen poder volver a despegar. Estos son recollidos e levados ao ZooBotánico e ao CREA Dunas de San Antón. Pero, nestes centros non poden ser atendidos correctamente debido aos coidados intensivos que precisan, e á cantidade que chegan. Por iso, Proyecto vencejo creou unha rede de persoas voluntarias para atendelos no seu período de crecemento.

Despois tamén estivemos mirando na páxina de internet SEO Birdlife (organización no gobernamental que ten como obxectivo a conservación e o estudo das aves e os seus habitats ) fotos de como son e cal é o seu canto.