miércoles, 31 de enero de 2018

AS HORTALIZAS

As verduras e hortalizas constitúen, xunto coas froitas, unha fonte moi importante de vitaminas variadas, fibra, sales minerais e elementos antioxidantes.
Os nenos, tenden a ser bastante maniáticos con algunhas comidas. As veces, teñen aversión a algúns alimentos moi nutritivos como é o caso das hortalizas. Aínda que a súa preferencia polas comidas debe de ser respectada e hai que tela en conta á hora de planificar os menús, non hai que deixar que sexan eles os que diten que pratos tomar. O que temos que facer é que a gama de alimentos que lle ofertemos sexa ampla, xa que así vai ter máis posibilidades de variar e será máis fácil que acepte un maior número de alimentos.
Na aula de natureza, estivemos falando da importancia das hortalizas e verduras para a nosa saúde e o necesario que é consumilas.
Tamén estivemos aprendendo os seus nomes, e clasificámolas segundo a parte delas que é comestible.





sábado, 27 de enero de 2018

LEITUGAS

Os nenos da aula de Sisán, estiveron plantando leitugas no invernadoiro. 


 Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

 Cando medren, e estean listas para comer, sortearemos algunhas e con outras faremos 
un rolo doce-salgado no taller de cociña.

martes, 16 de enero de 2018

17 DE XANEIRO DÍA DE SAN ANTÓN

Mañá, 17 de xaneiro, é a festividade de San Antón que é o protector dos animais. Este día, moitas persoas acoden ás igrexas coas súas mascotas para recibir a súa bendición.
Cos cadernos viaxeiros que están percorrendo os fogares dos nosos alumnos, estamos coñecendo todas as mascotas que teñen e o moito que as queren. Por iso estamos seguros de que San Antonio Abad daralles saúde e benestar a todos eles.


sábado, 23 de diciembre de 2017

FESTA DE NADAL

O 21 de decembro celebramos a festa de Nadal no Auditorio de Ribadumia. Durante a mañá, fixemos un adorno de Nadal, tivemos contacontos, vimos pequenas películas relacionadas con estas datas, merendamos, viñeron Kids & Us para facernos unha pequena representación, cada aula realizou a súa actuación e todos xuntos cantaron e bailaron unha cantiga que prepararon coa profe Olalla de música. Para rematar, recibimos a visita do Apalpador. Este personaxe mítico galego, vive na Debesa do Caurel e baixa no Nadal das montañas para entrar nos cuartos dos nenos, pálparlles a barriguiña para ver se están ben alimentados e déixalles un xoguete de madeira feito por el e unha presa de castañas. Asistiu a nosa festa, para recoller as cartas nas que os alumnos lle piden algún xoguete de madeira para o colexio. 









BO NADAL

lunes, 18 de diciembre de 2017

SORTEAMOS AS LEITUGAS QUE PLANTAMOS

As leitugas que plantamos no noso invernadoiro xa medraron e están listas para comer.
Para que os nenos e as súas familias poidan degustar esta saudable verdura, estamos facendo o seu sorteo entre os nosos alumnos para que as poidan levar ás casas.



martes, 12 de diciembre de 2017

INIMIGOS DAS PLANTAS

Esta semana, na aula de natureza, estamos vendo algúns inimigos das plantas.



Como curiosidades podemos dicir que:
Os pulgóns atacan máis frecuentemente en primavera e outono e, reprodúcense con moita facilidade. Producen danos ao picar co seu estilete os talos e as follas máis xóvenes, debilitando e deformando o seu crecemento e producindo enrolamento nas follas. Excretan unha sustancia azucrada que atrae ás formigas, que fan uso dos pulgóns e os conducen a outras zonas da planta propagando con máis rapidez a praga. Esta sustancia fai que saian fungos na superficie da folla, producindo unha especie de capa negra que dificulta que a planta reciba luz, debilitando o seu cultivo.
As moscas brancas son uns insectos voadores que poden formar auténticas nubes ao axitar as follas das nosas plantas. Trátase dunha praga que pode afectar, gran parte do ano, aos cultivos de invernadoiro e no exterior aos das épocas máis cálidas. Succionan o zume das plantas e ao igual que os pulgóns excretan unha sustancia azucrada que propicia a formación de fungos na folla.

lunes, 4 de diciembre de 2017

AS MASCOTAS DOS NOSOS ALUMNOS

Xa están 5 cadernos viaxeiros, un por aula, percorrendo os fogares dos nosos nenos 
coa intención de coñecer as súas mascotas. 
Cans, gatos tartarugas, galiñas, caracois... son algunhas delas. 
Nesta entrada iremos subindo, pouco a pouco, os animaliños que os nosos 
alumnos teñen nas súas casas.







Na aula de natureza, cada vez que un neno trae o caderno, miramos cal é a súa 
mascota e que cousas conta dela.