sábado, 30 de enero de 2021

DÍA DA PAZ

A Organización das Nacións Unidas declarou o 2021 como o Ano Internacional da Paz e da Confianza, co fin de promover o entendemento e cooperación entre as Nacións. Hoxe, día Escolar da Non Violencia e a Paz, queremos ensinarvos as actividades desenvolvidas na aula de contribuír a lograr ese obxectivo.

Primeiro estivemos lendo o conto “Mi espacio propio” de Pippa Goodhart. Nel, o coello protagonista quere un espazo para el só no que lle deixen ler tranquilo, no que haxa silencio e non lle interrompan.  Por todo isto, limita unha zona cunha liña vermella que non permite que ninguén a traspase. Pero ao final dáse de conta de que estar cos demais tamén é bo.

A través desta lectura o que se pretende é ensinar aos nenos que temos que saber convivir, non só as persoas unhas con  outras senón tamén cos animais que nos rodean. Por isto, estivemos falando de que temos que ser amigos de todos, axudarnos, resolver os conflitos sen pegarse nin gritar, saber escoitar, coidar ás mascota e non maltratalas nin abandonalas… Despois escribiron o título do conto e buscaron algunhas palabras representativas deste día.

Para rematar as actividades desta conmemoración, tamén fixemos un mural ao que puxemos por título “Temos que convivir todos”. Para confeccionalo, os alumnos debuxaron nenos e nenas que pegamos unidos facendo un círculo. Tamén fixeron animais domésticos, utilizando o libro “Como dibujar animales” de Susaeta, e puxémolos no centro. Desta forma queremos representar que debemos convivir en paz e en harmonía os uns cos outros




RECEITA COA VERDURA SORTEADA

No correo da aula de natureza, recibimos unha foto de Manuel comendo o brócoli que lle tocou con patacas e bacallau.

QUE RICO!

GRAZAS POLA FOTO!

miércoles, 27 de enero de 2021

ALGÚNS ANIMAIS QUE PODEMOS ATOPAR NA RUTA DA PEDRA E DA AUGA

Na aula de natureza, continuando coa Ruta da Pedra e da Auga, estivemos vendo e coñecendo algúns animais que podemos atopar no seu percorrido e leito fluvial.


A través de imaxes e vídeos coñecemos e descubrimos: como é a metamorfoses da libélula e de que cores podemos atopalas, que é un anfibio e como se transforma ao medrar, como o zapateiro ou patinador de auga flota coas súas patas sobre a superficie da auga, as cores e o canto da lavandeira e o ferreiriño real, cal é a razón de que á corixa tamén reciba o nome de barqueiro, como atrapa a ra as presas etc… 

BRÓCOLI CON OVOS E PATATAS

Marta de Leiro, mandounos unha foto comendo o brócoli que lle tocou no sorteo das verduras que van estando listas para a colleita. 

Tamén enviou outra, para amosarnos os alimentos cos que acompañou esta verdura.

QUE APETITOSO!

GRAZAS POLA FOTO!

Se queredes enviar fotos dos nenos comendo a verdura que lles toca no sorteo, este e o correo da aula de natureza:

blogdenatureza@gmail.com

BRÓCOLI

O brócoli que plantamos no invernadoiro xa medrou, e estamos realizando o seu sorteo entre os nenos das distintas aulas do C.R.A.



domingo, 17 de enero de 2021

SALGUEIRO

Trátase doutra árbore que podemos atopar Na Ruta da Pedra e da Auga.

Xunto co ameneiro son a primeira liña nas beiras dos ríos, e teñen a peculiaridade de fixarse moito no terreo no momento das riadas polo que frean e atenúan as mesmas.

miércoles, 23 de diciembre de 2020

BO NADAL!

Onte celebramos a festa de Nadal cada aula por separado, xa que debido á pandemia non puidemos facelo todos xuntos.

Nenos e mestres pasámolo moi ben xogando, facendo manualidades, bailando, contando contos…

Tamén, como non, o Apalpador quixo facernos unha visita. Pero como el non podía vir xa que estaba moi atarefado construíndo os xoguetes de madeira para os nenos, mandou a súa muller a Apalpadora que recolleu as cartas dos nenos e agasalloulles con chocolates.

GRAZAS POLA TÚA VISITA E AGASALLOS! 

Agora chegan as vacacións de Nadal e dende o C.R.A de Ribadumia queremos desexarvos unhas Felices Festas e un Próspero Aninovo e que o 2021 veña cargado de saúde para todos.

Para terminar quero amosarvos dous vídeos preciosos que fixeron as mestras Olalla de Música e Malú de Educación Física e Informática para conmemorar estas datas tan entrañables e cheas de ilusión para os nenos.

domingo, 20 de diciembre de 2020

SORTEO DE VERDURAS!

Algunhas das nosas leitugas xa medraron e están listas para a colleita, por iso estamos realizando o seu sorteo entre os nenos das diferentes aulas.










A nosa intención é que todos os nosos alumnos leven una verdura ou hortaliza. O curso pasado non puido ser así, xa que tivemos que confinarnos nas casas.