O brócoli que plantamos no invernadoiro xa comeza a estar listo para a colleita, por iso estamos realizando o seu sorteo entre o noso alumnado.
ESTAMOS DESEXANDO VER AS RECEITAS PREPARAN CON EL!!
O brócoli que plantamos no invernadoiro xa comeza a estar listo para a colleita, por iso estamos realizando o seu sorteo entre o noso alumnado.
ESTAMOS DESEXANDO VER AS RECEITAS PREPARAN CON EL!!
Hoxe,
30 de xaneiro, é o día da Paz. Coñecido tamén como Día Escolar da No Violencia
e a Paz, celébrase en honor Mahatma Gandhi no aniversario da súa morte.
Na
aula de natureza, estivemos falando do importante que é ser amable cos demais,
axudarse e resolver os conflitos de forma pacífica.
Despois escribimos esta data, o que conmemoramos
este día e debuxamos de forma fácil os tres animaliños que aparecen nos dous
contos.
Hoxe, 20 de xaneiro, é o día dos Pingüíns.
Nas
aula de Sisán e Ribadumia, decidimos conmemoralo apadriñando un pingüín
coincidindo coa Campaña de Apadriñamento de Pingüíns 2025-26.
Illa
Decepción é o lugar onde viven estes pingüíns e no que está emprazada a Base
Antártica Española Gabriel de Castilla, na que se encontra a XXXVIII Campaña Antártica
do Exercito de Terra (CAET) que ten como compromiso apoiar a preservación deste
continente e do medio ambiente.
Con
esta adopción queremos acadar un compromiso ambiental apoiando a protección
deste continente e os seus ecosistemas, contribuír a que sobrevivan ata a idade
adulta e coiden aos seus fillos e, facer
do Planeta Terra un lugar máis limpo, saudable e equilibrado coa natureza.
Tivemos
que elixir o pingüín entre varias especies que viven aquí:
Pingüín Papúa, que é rápido como un raio nadando e ten o pico laranxa brillante.
Pingüín
Barbijo, que ten unha liña negra baixo o queixo e unha gran capacidade vocal.
Pingüín
Adelia, que é pequeno pero valente e constrúe o seu niño con pedras.
Pingüín
Macaroni, que ten un peiteado punk de plumas amarelas e salta entre as rochas
como un acróbata.
Despois escollemos un nome para el entre todos, e puxemos que a razón de apadriñar é a
nosa preocupación pola extinción destes animais tan bonitos e curiosos.
E XA RECIBIMOS O DIPLOMA DO NOSO APADRIÑAMENTO!!
Se queredes apadriñar dende a casa, podedes entrar neste ENLACE.
As mestras
do CRA de Ribadumia xa votaron para escoller ó superheroe da aula de natureza.Temos
que dicir que custounos moito, xa que todos eran moi bonitos.
Ao
final eliximos dous:
Supermariquita, que vai ser a encargada de lembrarnos que temos que coidar as plantas, árbores, animais, utilizar abonos naturais (compost) para enriquecer o chan e que as nosas verduras sexan máis sas e así, reducir a cantidade de lixo que vai ós vertedoiros.
Coidador da natureza, que será o que recordará que temos que reducir a cantidade de lixo, reutilizar, reciclar, aforrar auga e luz e evitar os fumes.
Este venres, 9 de xaneiro, @s alumn@s de Leiro e Sisán estiveron plantando verduras no invernadoiro.
LEIRO – COLIFLOR
SISÁN – ROMANESCO
O aspecto é moi curioso, o sabor e unha mestura entre brócoli e coliflor con un toque doce a noz, e moitas propiedades nutritivas.
Así que…
TEMOS QUE PROBALO!!
Dende a aula de natureza queremos desexar a todos, un bo Nadal e un Próspero Aninovo.
FELICES FESTAS!!
Na aula de natureza, estivemos lendo o conto “SOS monstruos verdaderos amenazan al Planeta”.
Este libro, describe
todas as ameazas medioambientais que hai contra o noso Planeta, e ponlle a cada
unha o nome dun monstro. Voan sobre as nosas cabezas, viven nas
profundidades do mar e incluso agóchanse nos sumidoiros. El Caldosauro
aliméntase do fume dos coches e dos avións, o Talacoco ao que lle gusta cortar
árbores, o Octoplástico vive como peixe na auga grazas a todas as latas de
refrescos, cabichas, plásticos... que tiramos ao mar, a Esmogodón encántalle o
fume da contaminación e o po que hai no aire…, así ata 22.
Tamén conta que accións podemos
facer para debilitalos, e cales non debemos realizar xa que os poñen máis fortes.
Para poder derrotalos ademais de
necesitar Superheroes como @s nen@s, tamén decidimos crear o noso da aula de
Natureza.
Para isto, cada alumn@ fixo un debuxo de como se imaxina que ten que ser e puxolle un nome.
Cando os teñamos todos, entre todas as mestras do CRA, elixiremos cal nos vai representar e axudaranos a coidar o Planeta.
Esta semana vimos un anuncio, no xornal da Voz de Galicia, de que o concello de Lalín sumouse a campaña “Eu son do marrón” da Xunta de Galicia. Esta iniciativa pretende mellorar e incrementar a compostaxe de residuos orgánicos.
Iniciase
con charlas informativas para explicar o uso correcto dos composteiros e a
xestión do lixo orgánico. Despois, repártense cubos domésticos para almacenar estes
restos de comida, mondas de froitas… E polas rúas hai contedores de cor marrón
para que a xente, cunha chave, poidan abrilos e depositar o que acumulou nos
seus cubos.
Nós,
na escola, tamén realizamos esta tarefa aínda que o noso composteiro e de cor verde.
Nel botamos mondas de froitas das merendas, herbas malas que recollemos ao
limpar o xardín, follas… Cando xa temos compost, poñémolo no invernadoiro
mesturado coa terra para que as nosas verduras medren máis e sexan máis
saudables.
Relacionado coa compostaxe, limos un conto moi bonito titulado “Aqueles monstros anciáns que viven baixo a terra” da campaña de compostaxe de Sogama. Os protagonistas son tres bichiños que se chaman Rufo, Pedro e Coco, que viven baixo a terra onde pasan o tempo comendo os restos orgánicos que logo converten nunha terra máxica que aporta nutrientes moi bos ás verduras que logo serven de alimento.
NO CRA DE RIBADUMIA TAMÉN SOMOS DO MARRÓN!!
Na
aula de natureza, fixemos unha árbore con reutilizando tubos de papel hixiénico
e anacos de papeis que non servían (están escritos por unha cara pero os
gardamos para usalos para outras cousas).
Para elaboralo pintamos papeis de verde e marrón, a continuación botámoslles pegamento e empaquetamos tubos de papel hixiénico con eles. Despois coloreamos de cores estrelas, bolas e campás pequenas, e puxémoslle brillantina. E para rematar, pintamos de verde as bases redondas onde apoiar os tubos.
A QUE QUEDOU BONITA!!
Esta
semana estivemos plantando no xardín para darlle un pouco máis de cor ao
outono.
RIBADUMIA B – PRÍMULAS
LOIS – CICLAMEN
RIBADUMIA A - VIOLAS