Hoxe,
30 de xaneiro, é o día da Paz. Coñecido tamén como Día Escolar da No Violencia
e a Paz, celébrase en honor Mahatma Gandhi no aniversario da súa morte.
Na
aula de natureza, estivemos falando do importante que é ser amable cos demais,
axudarse e resolver os conflitos de forma pacífica.
“Me quedo contigo” de Smriti Halls. Que conta a amizade entre Oso e Esquío, dous animais que, a pesar das súas diferenzas, son grandes amigos que
non poden vivir sen estar xuntos.
“Encuentra un amigo” de María S. Costa. A Coello e Esquío encantaríalles
encontrar un amigo. Os dous animaliños están tan ocupados coas súas propias
vidas que, en diversas ocasións, perden a oportunidade de encontrarse…
¿Ocorrerá algún día ou continuarán sen coñecerse?.
Despois escribimos esta data, o que conmemoramos
este día e debuxamos de forma fácil os tres animaliños que aparecen nos dous
contos.






No hay comentarios:
Publicar un comentario