As mestras
do CRA de Ribadumia xa votaron para escoller ó superheroe da aula de natureza.Temos
que dicir que custounos moito, xa que todos eran moi bonitos.
Ao
final eliximos dous:
Supermariquita, que vai ser a encargada de lembrarnos que temos que coidar as plantas, árbores, animais, utilizar abonos naturais (compost) para enriquecer o chan e que as nosas verduras sexan máis sas e así, reducir a cantidade de lixo que vai ós vertedoiros.
Coidador da natureza, que será o que recordará que temos que reducir a cantidade de lixo, reutilizar, reciclar, aforrar auga e luz e evitar os fumes.


No hay comentarios:
Publicar un comentario