Despois
probaron algunhas abelás, que xa colleran os nenos de Leiro da nosa abeleira.
viernes, 11 de octubre de 2019
LIMPANDO O XARDÍN E PROBANDO ABELÁS
Os
alumnos de Sisán estiveron quitando as malas herbas do invernadoiro, para
comezar a plantar verduras e hortalizas.
jueves, 10 de octubre de 2019
GUAYABO-FRESA
O
arbusto de guayabo-fresa, que temos plantado no xardín, xa está dando froitos e
os nenos de Ribadumia A estiveron probándoos.
martes, 8 de octubre de 2019
LIMPANDO O XARDÍN
Esta
semana estamos limpando o xardín (os días que non chove) para pode plantar nel.
Antes
de facelo, poñemos as luvas e os mandís.
viernes, 4 de octubre de 2019
DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS
O 4
de outubro celebramos o Día Mundial dos Animais. O principal obxectivo desta
conmemoración é eliminar a crueldade contra eles. Actualmente, cerca do 40% de
todas as especies do planeta corren perigo de extinción principalmente por
causas humanas. Hai que diminuír a caza, o consumo indiscriminado e o comercio
ilegal e, temos que concienciarnos de que os animais merecen o mesmo respecto
que os seres humanos.
Na
aula de natureza, estivemos falando de todas as cousas que podemos facer para
axudar a protexelos e despois, lemos o conto “A que sabe a Lúa?”. Nel, varios
animais que querían probala para ver a que sabía cooperan para alcanzala e
despois comparten o anaco que collen.
Para
rematar fixemos unha ficha na que escribimos os nomes de todos os animais que
aparecen no libro e os coloreamos.
jueves, 3 de octubre de 2019
CASTAÑAS
Os
castiñeiros, que temos no xardín que rodea a escola de Leiro, deron castañas e
os nenos de Leiro estiveron recolléndoas. Despois na súa aula fixeron o seu reparto, no que cada neno contou as que lle correspondían.
Como
sobraron déronnolas para repartir entre os rapaces das outras aulas.
Cós
alumnos de Lois, saímos para ver se caeran algunhas máis e conseguimos unhas pouquiñas
que deron para que puideran levar os nenos de Lois e Ribadumia A. Tamén, cada un contou para facer o seu
montonciño.
martes, 24 de septiembre de 2019
QUE FAREMOS NA AULA DE NATUREZA?
Esta
semana, na aula de natureza estamos vendo:
As
luvas e mandís que poñeremos para non mancharnos.
As ferramentas
que imos usar para plantar e, cales son as súas normas de utilización.
Lemos
o conto “Había una vez una semilla” que explica como plantar sementes e que é o
que necesitan para medrar.
Aproveitando
esta historia, miramos no noso organizador de sementes que non todas son do mesmo tamaño e cor. Temos de cenoria, de leituga, de cabaza, de chícharos, de
taxetes, de xirasol…Tamén probamos as pipas de xirasol e de cabaza.
E os
nenos novos coñeceron a nosa mascota Borja (que medrou moito este verán), que é unha tartaruga que xa leva
connosco dende o curso 2016-17. Cada día un neno, da aula que este en Leiro,
será o encargado de darlle de comer.
Se
queredes ver como medrou pinchade neste ENLACE.
sábado, 21 de septiembre de 2019
FIGOS DA NOSA FIGUEIRA
A
nosa figueira está dando moitos figos e os alumnos de Leiro levaron un para
probar nas casas. As mestras somos as que os collemos xa que as súas follas
poden dar reaccións cutáneas.
Para
a vindeira semana, na que todas as aulas xa comezaran a ir a Leiro, seguiremos repartíndoos
entre os demais alumnos do C.R.A.
COLLENDO ABELÁS
A
nosa abeleira deu moitas abelás e, como o curso pasado, os nenos da aula de
Leiro estiveron colléndoas para facer con elas unha receita no seu taller de
cociña dos venres.
Cando
a elaboren, subiremos fotos.
COMEZAMOS O CURSO 2019-20
Un
ano máis volvemos a formar parte do gran equipo Voz Natura 2019-20. Con este
programa, a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, o que pretende e
desenvolver ao largo do curso un proxecto de protección e recuperación
medioambiental combinando accións directas no entorno con actividades de
concienciación.
Nesta
23ª edición o tema é “Construamos un futuro sen plásticos”.
O que pretenden é
que concienciemos a nenos e maiores da necesidade de reducir o consumo de
plásticos dun só uso, buscando alternativas máis sostibles. Temos que ser conscientes de que vivimos
rodeados de eles e, que hai millóns de animais acuáticos ou aves que morren ao
ano por estes residuos.
O noso obxectivo para este curso (ademais de traballar a redución, reciclado e reutilización dos plásticos), e utilizar todos os nosos recursos educativos para que os alumnos coñezan mellor o seu entorno e saiban como e porque deben coidalo.Así, algunhas das actividades que realizaremos serán:
As nosas mascotas. Que o novo alumnado coñeza as mascotas da nosa aula de natureza.
- Verdiño. Que nos vai a axudar a respectar e coidar as plantas do noso xardín e invernadoiro.
- Roquiña. Que quere que protexamos o Planeta a través de accións como reciclar, aforrar auga e luz, non contaminar, usar abonos naturais...
VERDIÑO ROQUIÑA
- Borja. A nosa tartaruga, á que os alumnos se encargan de dar de comer e coidar.
- Os peixes. Temos un estanque no que tiñamos peixes pero os roubaron. Este curso, imos compralos para que os nenos lles poidan dar de comer.
Ferramentas e utensilios de labranza para o xardín e invernadoiro. Que aprendan os seus nomes e as súas normas de utilización. Composteira. Explicarlles que con ela podemos facer abonos naturais para as nosas plantas e, traballar na aula que cousas podemos botar nela para facer compost (mondas das froitas das merendas, follas secas, malas herbas...).
Proxectos. Durante o curso realizaremos proxectos relacionados coas plantas do xardín e invernadoiro, o coidado do medio ambiente, a reciclaxe...
A nosa biblioteca. Para buscar inofrmación sobre os proxectos que realizamos. Nela temos unha zona documental con libros nos que buscar a infromación que necesitamos para enriquecer os nosos traballos.
Reciclar. Aprenderemos a separar o lixo e tiralo no contedor que corresponde (plástico, papel, vidro ou orgánico). Tamén reciclaremos as pilas co noso boneco Piliñas.
Reutilizar. Ensinarlles a utilizar algúns obxectivos para darlles outros usos, co fin de producir menos lixo e gastar menos recursos (vasos de iogur, zapatos vellos, tapóns, macetas de plástico...).
Xardín dos sentidos. Plantarán, nos distintos parterres do noso xardín e, periodicamente, realizar tarefas de limpeza para qutar pedras, malas herbas, follas secas...
Invernadoiro. Sementarán verduras e, cando medren, realizaremos o seu sorteo entre os nenos das distintas aulas. Isto facémolo para que poidan levar ás casas, e comer, algo que eles mesmos plantaron.
Taller de cociña. Tamén faremos algunha receita cas froitas que dan as nosas áebores, as verduras do noso invernadoiro...
O día de... Realizaremos actividades, murais..., para conmemorar: o día da alimentación, dos animais, da enerxía, da reciclaxe, dos bosques, da auga, do medio ambiente...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





















































