domingo, 23 de junio de 2019

FELIZ VERÁN A TODOS!

Dende a aula de natureza, queremos desexarlles un bo verán a todos 
os nosos alumnos e as súas familias.


E en especial, queremos mandarlles moitos bicos a Suevia de Leiro, Diego, Lois, Elisa e Alba de Ribadumia B, Martín, Luana e Xulia de Ribadumia A, Leo, Lucía, Diego, Alma e Martina de Lois e Hugo, Marcos, Alejandro, Daniel e Nerea de Sisán. Estos nenos despois de tres anos no C.R.A de Ribadumia, comezan unha nova etapa na Primaria e temos a certeza de que vai a irlles moi ben e van facer moitos amigos novos.
A Jesús de Lois e Beltrán de Ribadumia A, que cambian de centro escolar, tamén queremos enviarlles moitos bicos e desexarlles que o pasen moi ben no seu novo colexio.
Imos a botarvos moito de menos e queremos que veñades algún día a visitarnos e contarnos como os vai no voso novo centro escolar.


FELIZ VERÁN!

lunes, 17 de junio de 2019

AGASALLO DOS PAIS DE SUEVIA

Hoxe, os alumnos de Leiro, estiveron plantando no xardín unha arandeira e un aguacate. Suevia, unha nena desta clase, remata este ano a etapa de educación infantil no noso colexio e os seus pais Belén e Julián, quixeron agasallarnos con este arbusto e árbore para que os plantaran entre todos os nenos.



MOITAS GRAZAS BELÉN E JULIÁN!

sábado, 15 de junio de 2019

miércoles, 12 de junio de 2019

COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE




Queremos ensinarvos este vídeo que mandamos ao IX concurso escolar UHU sobre o medio ambiente. É a nivel nacional e aínda que non gañamos, pensamos que nel se recollen moitas das actividades que facemos na nosa aula de natureza.
Temos que dar as grazas a profe Olalla, de Educación Física e Informática, por axudarnos a facelo.  

miércoles, 5 de junio de 2019

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño, é o Día do Medio Ambiente. 


O lema deste ano 2019 é “Unidos por un Planeta sen contaminación do aire”, e con el preténdese loitar por frear o impacto da polución na nosa saúde e no quecemento global.
Na aula de natureza ademais de falar das cousas que contaminan o aire, estivemos lendo o libro “cuida tu Planeta” de SM.

Nel, dannos resposta a preguntas como ¿Qué é unha marea negra?, ¿Qué cousas prexudican aos nosos bosques, mares, ríos e selvas?, ¿Qué especies de animais están ameazadas?, ¿Qué diferenzas hai entre a familia Ecoverde e a familia Contaminez?, ¿Qué é o cambio climático?...


martes, 4 de junio de 2019

ZINNIA

Os nenos da aula de Leiro, estiveron plantando sementes de zinnia en vasos de plástico de cores que tiñamos no colexio (dende fai tempo) e decidimos reciclalos para darlle a utilidade de macetas.





Agora terán que regalas e coidalas nas casas para que medren as flores.

jueves, 30 de mayo de 2019

SORTEAMOS CABACIÑAS

As cabaciñas que plantamos xa deron o seu froito, polo que estamos facendo o seu 
sorteo entre os alumnos do C.R.A.
Todos os nenos xa levaron algunha verdura ou hortaliza por iso estamos comezando de novo a sortear.


jueves, 16 de mayo de 2019

martes, 14 de mayo de 2019

jueves, 9 de mayo de 2019

VISITA DA AVOA ELVIRA

Hoxe recibimos a visita de Elvira, avoa de Iago de Ribadumia A, que veu para ensinarnos unha planta especial coa que se fan esponxas naturais.

Trátase da “luffa” que ten forma de cabaciña ou cogombro e medra como unha enredadeira.

(fotos del blog lamujerdelasdiamelas)

Puidemos ver como son as sementes (cada neno levou unhas poucas para plantar na casa), a planta cando empeza a crecer e as esponxas que se fan co froito.





Tamén Marta, a nai de Iago, trouxo uns xabóns naturais que fai unha sobriña e aos que lle meten polo medio anacos de esponxa que fai Elvira.  

MOITAS GRAZAS MARTA E AVOA ELVIRA!
Aquí deixámosvos un enlace a un vídeo no que podedes ver como se planta, cando se recolle e como se fan as esponxas.