miércoles, 5 de junio de 2019

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño, é o Día do Medio Ambiente. 


O lema deste ano 2019 é “Unidos por un Planeta sen contaminación do aire”, e con el preténdese loitar por frear o impacto da polución na nosa saúde e no quecemento global.
Na aula de natureza ademais de falar das cousas que contaminan o aire, estivemos lendo o libro “cuida tu Planeta” de SM.

Nel, dannos resposta a preguntas como ¿Qué é unha marea negra?, ¿Qué cousas prexudican aos nosos bosques, mares, ríos e selvas?, ¿Qué especies de animais están ameazadas?, ¿Qué diferenzas hai entre a familia Ecoverde e a familia Contaminez?, ¿Qué é o cambio climático?...


No hay comentarios:

Publicar un comentario