lunes, 1 de abril de 2019
MÁIS LEITUGAS PARA AS CASAS
As
leitugas moradas de folla rizada xa están listas para a colleita, e por iso estamos
realizando o seu sorteo entre os nosos alumnos. A nosa intención é que todos os
nenos leven polo menos unha verdura ou hortaliza.
Etiquetas:
ALIMÉNTATE BEN 2018-19,
CURSO 2018-19,
HORTALIZAS,
INVERNADOIRO,
LEIRO,
LEITUGAS,
LOIS,
RIBADUMIA A,
RIBADUMIA B,
SISÁN,
VERDURAS
viernes, 22 de marzo de 2019
DÍA MUNDIAL DA AUGA
Hoxe, 22 de marzo, celebramos o Día Mundial da Auga co obxectivo de
chamar
a atención sobre a importancia da auga doce e a xestión dos recursos da
auga.
O
tema deste ano é “Non deixar a ninguén
atrás”.
No 2010, as Nacións Unidas recoñeceron que o dereito á auga potable
e o saneamento é un dereito humano esencial. É dicir, todas as persoas, sen discriminación, deben dispoñer de auga
suficiente , segura e accesible para uso persoal e doméstico.
Na
aula de natureza estivemos vendo o conto “Os bolechas queren saber como aforrar auga”. Nel, estes irmáns, explican cal
é a auga que podemos consumir, como chega as nosas casas, cal é o seu ciclo, que cousas podemos facer para non malgastala…
Despois miramos varias accións relacionadas coa auga, e os nenos puxeron pegatina
verde nas que se aforra e vermella nas que non.
jueves, 21 de marzo de 2019
DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES
Hoxe, 21
de marzo, conmemoramos o Día
Internacional dos Bosques.
Con esta celebración, a Organización das Nacións
Unidas, quere poñer de releve
a importancia das areas forestais do planeta.
Este
ano o lema é “Os bosques e a educación.
¡Aprende a amar o bosque!”.
Temos
que coñecer máis os bosques e saber que a súa conservación inflúe
positivamente
na vida de todos os habitantes da Terra. Cobren un terzo da
superficie
terrestre e albergan moitas especies de plantas e animais.
Nós,
na aula de natureza, estivemos lendo o conto de Nadia Menotti “Planta un árbol”.
A autora pensa que canto
mellor coñecemos algo, maior é a nosa capacidade para amalo. Case todo o mundo
quere ás árbores xa que sabe cousas delas en maior o menor medida. Pero canto
máis aprendemos sobre elas, e en especial acerca de todo o que nos dan, máis
poderemos aprecialas.
Neste
conto Sofía, a súa protagonista, vai
preguntando aos seus pais e avós as razóns polas que hai que plantar
árbores.
Despois
de lelo, estivemos falando do importantes que son é todo o que non teriamos se non os houbera.
Por iso, decidimos animar a todo o mundo a coidalas. E para facelo, cada neno puxo unha razón pola que son necesarias as árbores.
Etiquetas:
AS ÁRBORES,
COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE,
CURSO 2018-19,
DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES,
LEIRO,
LOIS,
RIBADUMIA A,
RIBADUMIA B,
SISÁN
martes, 19 de marzo de 2019
ACTIVIDADES NA CASA DE CULTURA DE RIBADUMIA
Onte,
luns 18 de marzo, os nenos do C.R.A de Ribadumia puideron disfrutar de moitas
actividades na Casa de Cultura de Ribadumia.
Primeiramente
veu Maruxa, unha xornalista da Voz de Galicia, para contarnos que é un xornal e
cal é o traballo dun periodista. Os nenos dixéronlle que cousas querian contar para
redactar as súas propias noticias e ela explicoulles cal é o proceso para
escribilas. Tamén veu con ela unha fotografa que ensinoulles como é a súa cámara,
puideron quitar fotos con ela e comprobar o moito que pesa.
Despois
tivemos a presenza de Anxo Moure, grazas ao Plan Proxecta Voluntariado Miúdo no que participamos este curso 2018-19.
Veu co seu paztinete para inculcarnos
valores para coidar o medio ambiente. Os rapaces estiveron moi atentos as súas explicacións
e riron moito coa súa divertida posta en escena, na que o escritor ofreceunos actividades
moi animadas con rimas musicadas e títeres.
A
continuación merendamos e saímos a xogar ao parque.
E,
para rematar, veu Pakolas que é un autor, compositor, músico e produtor de
música pensada para os máis cativos. As súas cancións teñen como eixo central o
Rock and Roll e tratan sobre animais con cola. A través da súa voz, e tocando a
súa guitarra, logrou interaccionar cos nenos facendoos participes do seu
espectáculo e logrando que cantaran e bailaran ao ritmo da súa música.
Etiquetas:
COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE,
CURSO 2018-19,
LEIRO,
LOIS,
PLAN PROXECTA VOLUNTARIADO MIÚDO:MÓVETE! 2018-19,
RIBADUMIA A,
RIBADUMIA B,
SISÁN
miércoles, 13 de marzo de 2019
JOEL COMENDO COLIFLOR
Onte,
martes 12 de marzo, a Joel (da aula de Ribadumia B) tocoulle unha coliflor nun
dos sorteos que estamos realizando coas verduras que xa están listas para comer.
Moitas
grazas polas fotos Noe!
Hoxe Noe, a súa nai, mandounos un collage no que aparece o seu fillo nunha foto coa coliflor e noutra coméndoa.
O título que lle puxeron é moi axeitado... "Da horta do cole ao prato e... ñam!"
Alegrámonos de que aos nosos
alumnos lles gusten as hortalizas, xa que son moi sas e axudan a medrar.
domingo, 3 de marzo de 2019
FESTA DO ENTROIDO
Onte, venres 1 de marzo, celebramos a festa do Entroido no Auditorio de Ribadumia.
Como
nas aulas esta cun proxecto sobre “O Circo”, os nenos viñeron disfrazados das
casas de magos, pallasos, forzudos, mimos, mestres de cerimonias, acróbatas…
Temos que dar as grazas as familias pola súa colaboración na elaboración dos
mesmos.
Despois
os nenos estiveron coloreando aos arroaces que son unha cuadrilla de sete nenos
e nenas (cada un cun “superpoder"), que detectaron que aos rapaces non lles
gusta moito o peixe e están dispostos a facer que isto cambie. Con eles Mariña e Luís fixeron móbiles para as aulas.
Tamén
estivo o Mago Paco que coas súas historias ofreceunos un
espectáculo cheo de risas, cores e moitas sorpresas. Os nosos alumnos foron participes da súa maxia.
Os
avoíños da residencia DomusVi de Ribadumia acompañáronnos nesta festa e tamén degustaron
connosco os riquísimos doces, típicos destas datas, feitos polas familias dos
nosos alumnos.
E, para
rematar, realizamos un pasarrúas polos arredores do Auditorio de
Ribadumia.
Etiquetas:
ALIMÉNTATE BEN 2018-19,
CURSO 2018-19,
ENTROIDO,
LEIRO,
LOIS,
PLAN PROXECTA VOLUNTARIADO MIÚDO:MÓVETE! 2018-19,
RIBADUMIA A,
RIBADUMIA B,
SISÁN
jueves, 28 de febrero de 2019
LIMPANDO O XARDÍN
Os alumnos
de Ribadumia A, estiveron sacando as malas herbas do xardín.
Isto facémolo periodicamente
para mantelo bonito e non pasar máis traballo cando xa esta cheo delas.
martes, 26 de febrero de 2019
RECIBIMOS A VISITA DA SUPERAVOA DINA
Hoxe
recibimos a visita de Dina, a avoa de Lía de Ribadumia B, que veu para
ensinarnos como plantar sementes de verduras,hortalizas e froitas.
Explicounos
que para plantalas, primeiro hai que botar a terra e despois co dedo facer
un pequeno
buraco no que meteremos a semente.
Como algunhas son moi pequenas comentounos que
hai que mesturalas con pos de
talco para que sexa máis fácil collelas (tamén
podemos facelo cunha pinza de depilar).
Para botarlle por enriba tróuxonos
vermiculita, que o que fai e reter a humidade
e
os nutrientes da planta para que esta poida asimilalos.
Puidemos
comprobar os tamaños, cores e formas das distintas sementes.
Plantamos
sementes de leituga, repolo, coles de bruselas, acelgas, grelos,
MOITAS GRAZAS AVOA DINA!
Etiquetas:
CURSO 2018-19,
FROITAS,
HORTALIZAS,
PLAN PROXECTA VOLUNTARIADO MIÚDO:MÓVETE! 2018-19,
RIBADUMIA B,
SEMENTES,
VERDURAS,
VERMICULITA
lunes, 25 de febrero de 2019
FLORES PARA O XARDÍN
Os
nenos da aula de Leiro, estiveron plantando no xardín ciclamen.
Tedes
máis fotos dos nenos pinchando neste ENLACE.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


































































