Os
nenos de Ribadumia B, estiveron quitando as malas herbas dun dos parterres que
temos no noso xardín para poder plantar nel.
miércoles, 26 de noviembre de 2014
BRÓCOLI
Esta
rica hortaliza, que pertence ao grupo das “
flores “, foi a que estiveron plantando os nenos de Leiro no invernadoiro.
Máis fotos pinchando AQUÍ.
Xa
temos o invernadoiro cheo de hortalizas!.
Agora a esperar que medren, para facer
o seu sorteo entre os nenos das distintas aulas e, despois seguir plantando
máis.
miércoles, 19 de noviembre de 2014
REPOLOS E COLIFLOR
Os
alumnos de Ribadumia B estiveron plantando no invernadoiro repolos.
Esta
hortaliza pertence ao grupo das “ follas “, xa que é a parte da planta que comemos.
Podedes
ver máis fotos AQUÍ.
E
os nenos de Lois estiveron plantando no
invernadoiro coliflor.
Que
pertencen ao grupo das “ flores “ ,
por ser esta a parte que nos comemos.
Despois de plantar, traballamos na aula o nome das hortalizas e o
lugar onde as plantamos.
CLASIFICACIÓN DAS HORTALIZAS
Estamos
aprendendo a que grupo pertencen algunhas hortalizas, segundo a parte da planta
que é comestible.
miércoles, 12 de noviembre de 2014
PROXECTO: AS HORTALIZAS
Na
aula de natureza xa comezamos a traballar as hortalizas.
Estivemos
conversando sobre o importante que é consumilas, xa que son un alimento moi
nutritivo que ademais contribúe a hidratar o noso organismos debido ao seu alto
contido de auga.
Despois
de facer a portada deste proxecto, falamos sobre a súa clasificación atendendo
a parte da planta que comemos.
jueves, 6 de noviembre de 2014
A NOSA PARTICULAR SELVA AMAZÓNICA
Nas aulas do CRA de
Ribadumia están traballando o conto " Cartas
de Felix o explorador ". A través das misivas que Felix (a lebre
protagonista) envía a súa amiga Sofía, os alumnos están coñecendo moitas cousas
dos países que vai percorrendo.
Este curso iniciouse coa súa
visita “ A Selva Amazónica “. Mestres e alumnos, cos
libros da nosa biblioteca e o material que aportan as nosas familias, estamos
coñecendo moitas cousas desta rexión de América do sur (animais, plantas, froitos…).
Para colaborar con este proxecto, na aula de natureza decidimos
transformar a nosa biblioteca nunha "pequena Selva Amazónica"…
Aquí tedes algunhas fotos do
que fixemos:
-Para
entrar na biblioteca elaboramos unha cortina de lianas con follas de cartolina
pintadas polos nenos.
-Polo
teito colgamos lianas nas que penduramos follas e animais da Selva Amazónica.
-Ensinamos
aos alumnos a debuxar animais desta rexión paso a paso. Despois pintáronos
e cada un pegou o seu nun mural da selva realizado en papel continuo.
viernes, 31 de octubre de 2014
COMEZAMOS A PLANTAR NO INVERNADOIRO
Aproveitando que na aula de
natureza iniciamos un proxecto sobre as hortalizas, comezamos a plantar no
invernadoiro leitugas.
Esta actividade foi
realizada polos nenos das aulas de Ribadumia B e Lois.
RIBADUMIA B
LOIS
Podedes ver máis fotos neste ENLACE.
Despois
de plantar, traballamos na aula o nome
desta hortaliza e o lugar onde a plantamos.
lunes, 27 de octubre de 2014
jueves, 16 de octubre de 2014
DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN
Hoxe, mércores 16 de outubro, é o Día Mundial da Alimentación.
Este
ano, baixo o lema “ Agricultura
familiar: Alimentar ao mundo, coidar o planeta “, a FAO (Organización das
Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) pretende facer fincapé na
necesidade de valorar o importante papel da agricultura familiar, e os pequenos
agricultores, na erradicación da fame e
a pobreza no mundo.
Nós,
na aula de natureza, estivemos falando sobre cal é a finalidade da celebración
deste día:
- -Que
consumamos alimentos sans (froitas, verduras, peixe, cereais…)
- -Recordarnos
que hai persoas, en moitos países, que morren de fame por non ter alimentos
suficientes ou necesarios para sobrevivir.
Tamén,
aproveitando este acontecemento, iniciamos un proxecto sobre as hortalizas a
través do que imos traballar: os seus nomes, a súa clasificación atendendo a
parte da planta que comemos, os seus cores, inimigos…
A nosa primeira actividade
foi elaborar a portada…
domingo, 5 de octubre de 2014
VERBENAS
Os
alumnos de Sisán, estiveron plantando verbenas no xardín…
Primeiro,
como os nenos das outras aulas, estiveron poñendo as luvas…
Despois,
na aula de natureza, estiveron escribindo o nome da planta.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




