jueves, 16 de octubre de 2014

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

Hoxe, mércores 16 de outubro, é o Día Mundial da Alimentación.

Este ano, baixo o lema “ Agricultura familiar: Alimentar ao mundo, coidar o planeta “, a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) pretende facer fincapé na necesidade de valorar o importante papel da agricultura familiar, e os pequenos agricultores,  na erradicación da fame e a pobreza no mundo.


Nós, na aula de natureza, estivemos falando sobre cal é a finalidade da celebración deste día:
-       -Que consumamos alimentos sans (froitas, verduras, peixe, cereais…)
-       -Recordarnos que hai persoas, en moitos países, que morren de fame por non ter  alimentos suficientes ou necesarios para sobrevivir.  

Tamén, aproveitando este acontecemento, iniciamos un proxecto sobre as hortalizas a través do que imos traballar: os seus nomes, a súa clasificación atendendo a parte da planta que comemos, os seus cores, inimigos…
A nosa primeira actividade foi elaborar a portada…


No hay comentarios:

Publicar un comentario