Hoxe, 14 de febreiro de 2025, é o día da Enerxía.
En principio, parece unha palabra complicada para que @s nen@s de 3, 4 e 5 anos entendan o seu
significado. Por iso, temo que tratar de darlle un enfoque lúdico.
Empezamos por dicir que a enerxía é o motor de todas as actividades. É a
responsable de todos os cambios que se producen ao noso arredor: é a causante
de que as plantas e árbores medren, que
as maquinas funcionen ou que unha bombilla poida emitir luz. Nos xoguetes que
se moven tamén a temos a través das pilas.
Despois estivemos lendo dous contos que falan sobre ela.
“Akira y el rayo verde”, que pretende que @s nen@s comecen a coñecer que é a enerxía solar (paneis solares).
¿Por qué está triste la tierra?” no que, coa axuda dun extraterrestre que se chama Pif, descubrimos unha visión algo triste do noso Planeta. E o motivo desta tristeza, é o excesivo consumo de enerxía.
Pif daranos unhas pequenas nocións de que é a enerxía, o útil que é para nós e os múltiples usos que lle damos. E con el aprendemos a como evitar o seu desperdicio: cerrando rápido a neveira e as billas de auga quente, apagando a televisión cando non se vea e o ordenador cando non se use, utilizando a bicicleta no lugar do coche para algúns paseos, empregando a luz do sol no lugar de acender as luces…
NON MALGASTEMOS A ENERXÍA.
ENTRE TODOS PODEMOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario