viernes, 7 de febrero de 2025

A METAMORFOSE DA EIRUGA

No mes de decembro (pouco antes das vacacións de Nadal), atopamos algunhas eirugas no noso invernadoiro que estaban comendo o repolo. 

Decidimos facer un experimento meténdoas nun terrario que temos, e poñéndolle moitas follas de repolo que xa estaban algo comidas por elas. 

Esperamos ata a volta das vacacións para ver a súa metamorfose.

Cando voltamos, atopámonos xa con algunhas bolboretas e con outras aínda na crisálida.




Unha vez que todas se transformaron, decidimos soltalas no xardín.

Para estudiar un pouco máis este proceso, vimos un precioso vídeo para nen@s no que explícannos detalladamente esta metamorfose. 

Incluso, puidemos ver como a eiruga muda a súa pel.

Despois, escribimos os nomes de cada fase pola que pasa hasta converterse en bolboreta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario