MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS!
lunes, 8 de abril de 2019
ELISA COMENDO LEITUGA
viernes, 5 de abril de 2019
CABACIÑAS
Os
alumnos de Sisán estiveron plantando cabaciñas no invernadoiro.
Teño que dar as grazas as mestras Marina e Anabel por plantar con eles esta hortaliza,
ao non poder facelo eu por motivos persoais.
martes, 2 de abril de 2019
PLANTANDO AMORODOS NO XARDÍN
O alumnos de Ribadumia B estiveron plantando
amorodos no xardín.
Podedes ver máis fotos pinchando AQUÍ.
lunes, 1 de abril de 2019
MÁIS LEITUGAS PARA AS CASAS
As
leitugas moradas de folla rizada xa están listas para a colleita, e por iso estamos
realizando o seu sorteo entre os nosos alumnos. A nosa intención é que todos os
nenos leven polo menos unha verdura ou hortaliza.
Etiquetas:
ALIMÉNTATE BEN 2018-19,
CURSO 2018-19,
HORTALIZAS,
INVERNADOIRO,
LEIRO,
LEITUGAS,
LOIS,
RIBADUMIA A,
RIBADUMIA B,
SISÁN,
VERDURAS
viernes, 22 de marzo de 2019
DÍA MUNDIAL DA AUGA
Hoxe, 22 de marzo, celebramos o Día Mundial da Auga co obxectivo de
chamar
a atención sobre a importancia da auga doce e a xestión dos recursos da
auga.
O
tema deste ano é “Non deixar a ninguén
atrás”.
No 2010, as Nacións Unidas recoñeceron que o dereito á auga potable
e o saneamento é un dereito humano esencial. É dicir, todas as persoas, sen discriminación, deben dispoñer de auga
suficiente , segura e accesible para uso persoal e doméstico.
Na
aula de natureza estivemos vendo o conto “Os bolechas queren saber como aforrar auga”. Nel, estes irmáns, explican cal
é a auga que podemos consumir, como chega as nosas casas, cal é o seu ciclo, que cousas podemos facer para non malgastala…
Despois miramos varias accións relacionadas coa auga, e os nenos puxeron pegatina
verde nas que se aforra e vermella nas que non.
jueves, 21 de marzo de 2019
DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES
Hoxe, 21
de marzo, conmemoramos o Día
Internacional dos Bosques.
Con esta celebración, a Organización das Nacións
Unidas, quere poñer de releve
a importancia das areas forestais do planeta.
Este
ano o lema é “Os bosques e a educación.
¡Aprende a amar o bosque!”.
Temos
que coñecer máis os bosques e saber que a súa conservación inflúe
positivamente
na vida de todos os habitantes da Terra. Cobren un terzo da
superficie
terrestre e albergan moitas especies de plantas e animais.
Nós,
na aula de natureza, estivemos lendo o conto de Nadia Menotti “Planta un árbol”.
A autora pensa que canto
mellor coñecemos algo, maior é a nosa capacidade para amalo. Case todo o mundo
quere ás árbores xa que sabe cousas delas en maior o menor medida. Pero canto
máis aprendemos sobre elas, e en especial acerca de todo o que nos dan, máis
poderemos aprecialas.
Neste
conto Sofía, a súa protagonista, vai
preguntando aos seus pais e avós as razóns polas que hai que plantar
árbores.
Despois
de lelo, estivemos falando do importantes que son é todo o que non teriamos se non os houbera.
Por iso, decidimos animar a todo o mundo a coidalas. E para facelo, cada neno puxo unha razón pola que son necesarias as árbores.
Etiquetas:
AS ÁRBORES,
COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE,
CURSO 2018-19,
DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES,
LEIRO,
LOIS,
RIBADUMIA A,
RIBADUMIA B,
SISÁN
martes, 19 de marzo de 2019
ACTIVIDADES NA CASA DE CULTURA DE RIBADUMIA
Onte,
luns 18 de marzo, os nenos do C.R.A de Ribadumia puideron disfrutar de moitas
actividades na Casa de Cultura de Ribadumia.
Primeiramente
veu Maruxa, unha xornalista da Voz de Galicia, para contarnos que é un xornal e
cal é o traballo dun periodista. Os nenos dixéronlle que cousas querian contar para
redactar as súas propias noticias e ela explicoulles cal é o proceso para
escribilas. Tamén veu con ela unha fotografa que ensinoulles como é a súa cámara,
puideron quitar fotos con ela e comprobar o moito que pesa.
Despois
tivemos a presenza de Anxo Moure, grazas ao Plan Proxecta Voluntariado Miúdo no que participamos este curso 2018-19.
Veu co seu paztinete para inculcarnos
valores para coidar o medio ambiente. Os rapaces estiveron moi atentos as súas explicacións
e riron moito coa súa divertida posta en escena, na que o escritor ofreceunos actividades
moi animadas con rimas musicadas e títeres.
A
continuación merendamos e saímos a xogar ao parque.
E,
para rematar, veu Pakolas que é un autor, compositor, músico e produtor de
música pensada para os máis cativos. As súas cancións teñen como eixo central o
Rock and Roll e tratan sobre animais con cola. A través da súa voz, e tocando a
súa guitarra, logrou interaccionar cos nenos facendoos participes do seu
espectáculo e logrando que cantaran e bailaran ao ritmo da súa música.
Etiquetas:
COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE,
CURSO 2018-19,
LEIRO,
LOIS,
PLAN PROXECTA VOLUNTARIADO MIÚDO:MÓVETE! 2018-19,
RIBADUMIA A,
RIBADUMIA B,
SISÁN
Suscribirse a:
Entradas (Atom)























































