jueves, 29 de noviembre de 2018

ÁRBORES DOS NOSOS MONTES

Na aula de natureza do C.R.A de Ribadumia queremos que a xente respecte e coide
 as árbores, polo que seguimos traballando entorno a elas.
Agora comezamos un pequeno proxecto a través do que estamos coñecer algunhas das que podemos atopar nos nosos bosques e montes. Ademais de aprender os seus nomes tamén estamos descubrindo se son de folla caduca ou perenne, como é a súa folla, o seu froito…









Como estábamos traballando a sobreira, saímos ao xardín para ver a que temos e coller as súas landras para plantar en macetas. 
Tamén estivemos tocando a súa cortiza, que é a casca que recubre o tronco desta árbore ecoa que se fan tapóns para botellas de viño, boias, paneis para paredes ou para tablóns para fixar notas...



lunes, 26 de noviembre de 2018

BENEFICIOS DAS ÁRBORES

Na aula de natureza, estivemos falando de todas as cousas boas que proporcionan 
as árbores. Despois fixemos un mural onde recoller algunhas delas.
Os nenos de todas as aulas participaron na confección do mural: pintando as follas e as mazás, collendo follas secas e cortándoas para pegalas no tronco, debuxando nenos e nenas, coloreando o niño e o esquío, escribindo os beneficios que nos dan as árbores…






viernes, 23 de noviembre de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA NO VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Dende o C.R.A de Ribadumia, queremos sumarnos á conmemoración do Día Internacional da No Violencia contra a muller que se celebra o 25 de novembro.



Mestres e nenos, queremos un mundo no que as mulleres e homes poidamos elixir libremente e teñamos as mesmas posibilidades de conseguir os nosos soños e anhelos.
Dende a escola, seguiremos traballando para previr e combater a violencia contra as nenas e mulleres en todas as súas manifestacións.
Na aula, para celebrar este día, estivemos falando do importantes que e ser tolerante, solidario e respectuoso cos demáis. 


Despois contamos o conto "Arturo e Clementina", unha historioa que reivindica o rol feminino na sociedade e denuncia a discriminación. Se pinchades na portada do conto, podedes velo.




lunes, 19 de noviembre de 2018

MIMULUS

Os alumnos de Leiro estiveron plantando, no xardín, mimulus.


Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

jueves, 15 de noviembre de 2018

MARGARIDA DOS PRADOS OU ANANA

Hoxe, 15 de novembro, os nenos da aula de Ribadumia B plantaron margaridas ananas no xardín. 


Tedes máis fotos dos nenos neste ENLACE.

Esta alegre planta de outono, é moi coñecida pola súa forma redondeada e os seus pétalos finos e alargados. Ademais ten moitos nomes: bellis, margarida dos prados, margarida anana, dormilona…

miércoles, 14 de noviembre de 2018

martes, 13 de noviembre de 2018

COMEZAMOS A PLANTAR NO XARDÍN

Os nenos da aula de Ribadumia B, foron os primeiros en empezar a plantar 
no invernadoiro. A planta escollida foi o ciclamen.


Máis fotos dos alumnos neste ENLACE.

martes, 6 de noviembre de 2018

O CARBALLO CON BOTAS

Esta semana estamos lendo o conto de Anxo Moure “O carballo con botas”.


Nós, como neste libro, imos coller landras e plantalas en botas vellas para empregalas como viveiros forestais. Así, poderemos comprobar como dentro de algo vello pode xurdir a vida.

jueves, 1 de noviembre de 2018