sábado, 25 de abril de 2015

AMORODOS, PEMENTOS, MILLO E FABAS

Aos alumnos de Ribadumia A, tocoulles sementar plantas comestibles.
No xardín amorodos…











No invernadoiro pementos, millo e fabas grazas a Susana, a nai de Jacobo da aula de Sisán, que agasallounos con estas plantas…




 Máis fotos AQUÍ.

PLANTAMOS SALVIAS E COLEOS

Seguimos enchendo de flores o no xardín, esta vez tocoulle aos nenos de Ribadumia B.
As plantas elixidas, foron salvias e cóleos.
SALVIA










COLEOS


Máis fotos neste ENLACE.

lunes, 20 de abril de 2015

FLORES PARA O NOSO XARDÍN

Os nenos de Leiro estiveron plantando taxetes, lobelias e alisum no xardín para darlle cor e poñelo máis bonito.
                                                           ALISUM
                                                        TAXETES
         LOBELIAS

 Pinchade AQUÍ para ver máis fotos.

miércoles, 15 de abril de 2015

LIMPANDO O XARDÍN

Os alumnos das aulas de Leiro e Ribadumia B, estiveron limpando o xardín.
Quitaban as malas herbas e follas, metíanas nas carretas e despois levábanas ao composteiro para facer abonos naturais para as nosas plantas.
  




viernes, 10 de abril de 2015

XA TEMOS COLIFLOR

Xa empezan a saír as coliflores que plantamos no invernadoiro…
Polo que comezamos co seu sorteo…




CARBALLOS CON BOTAS

As landras que plantamos o 29 de setembro xa xerminaron e, por fin, xa temos os nosos carballos con botas.
Agora a esperar que sexan máis grandes para plantalos no noso xardín.

lunes, 6 de abril de 2015

AS ÁRBORES FROITEIRAS

Na aula de natureza, xa estamos con un novo proxecto sobre as árbores froiteiras.


Os nosos alumnos están aprendendo os seus nomes, os das froitas que nos dan, se son de folla caduca ou perenne…



miércoles, 25 de marzo de 2015

PLANTAMOS PATACAS

Os nenos e nenas de Ribadumia B, estiveron plantando patacas no invernadoiro.


 Podedes ver  máis fotos pinchando AQUÍ.

martes, 24 de marzo de 2015

MURAIS DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Aquí tedes os murais que realizamos na aula de natureza para conmemorar o día da árbore e da auga.
DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES
Primeiramente estivemos falando do importantes que son as árbores para as persoas e animais e que, entre todos, temos que protexelas e coidalas.
Para a realización do mural utilizamos algúns materias reciclados como:
Papeis de xornais pintadas para o tronco.
Tapóns de plástico para as flores.
Follas que recolleron os nenos no xardín para poñer na árbore.





DÍA DA AUGA
Estivemos conversando sobre o importante que é aforrar auga e como podemos facelo, despois coloreamos algunhas imaxes nas que as persoas están utilizándoa e os nenos segundo consideraran que se estaba facendo ben ou mal foron escribindo:
“Si“ cunha cara alegre, cando se estaba utilizando ben.
“Non“ cunha cara triste, cando a súa utilización non era a adecuadamente. 



jueves, 19 de marzo de 2015

REPOLOS PARA AS CASAS

Algúns dos repolos que plantamos no invernadoiro xa están listos para apañar, polo que estamos realizando o seu sorteo entre os alumnos das distintas aulas…