Esta semana estivemos plantando verduras e hortalizas no invernadoiro.
RIBADUMIA B – ASA DE CÁNTARO
LOIS - REPOLOS
RIBADUMIA A - BRÓCOLI
LEIRO - PORROS
SISÁN - COLIFLOR
Esta semana estivemos plantando verduras e hortalizas no invernadoiro.
RIBADUMIA B – ASA DE CÁNTARO
LOIS - REPOLOS
RIBADUMIA A - BRÓCOLI
LEIRO - PORROS
SISÁN - COLIFLOR
Como
adultos temos que ter presente que @s nos@s nen@s aprenden por imitación
“copiando” todo o que ven, e a medida que van medrando toman como referencia
aos adultos do seu entorno máis próximo (pais, avós, mestres …). Por iso, é moi
importante que prediquemos co exemplo xa que é a mellor forma de incorporar os
bos hábitos a súa rutina. Se ven que botamos o lixo á rúa ou desperdicios á
auga, eles adoptarán esta actitude por considerar que é a correcta.
Os
nenos teñen facilidade para aprender de todo xa que son curiosos, interésanse
polo mundo que lles rodea e gústalles participar. Por iso, esta semana,
estivemos mirando algúns obxectos que podemos reutilizar dándolle unha nova
vida e tamén, que cousas podemos facer con eles.
Ensinarlles a reciclar e reutilizar é unha das mellores cousas que podemos facer para mellorar o noso entorno, ao tempo que os guiamos para que aprendan como coidar o Planeta.
Con
esta celebración, trátase de concienciar sobre os grandes danos que se están
xerando como consecuencia do cambio climático e, ao mesmo tempo, mobilizar e sensibilizar
a todas as persoas a cerca dos seus efectos e o perigo que implica.
Por iso,
é importante explicarlles @s nos@s alumn@s que eles poden participar
activamente para protexer o noso Planeta a través de hábitos diarios como:
-Non
malgastar a auga.
-Aforrar
enerxía apagando ordenadores e televisores cando non os utilicemos, as luces
cando non sexan necesarias, non tendo a neveira moito tempo aberta…
-Reciclando.
-Camiñando,
andando en bicicleta ou transporte público no lugar de utilizar o coche.
-Plantando
árbores.
-Facendo
compost con mondas de froitas, herbas malas… para abonar as nosas plantas e
verduras, no lugar de usar abonos químicos.
Despois estivemos mirando o vídeo de Happy Learning “El Cambio Climático. Aprende sobre el cambio climático y nuestro Planeta”, que explica de forma sinxela que cousas podemos facer para detelo.
A continuación lemos o conto "bichiños de luz" de Paula Inés Villanueva, que explica como Luciana (un vagalume), un forte vento o afasta do bosque onde vive coa súa familia. Desorientada, encontra a Julián que lle vai axudar a volver a casa. Nesta busca enfrontaranse coa realidade da destrución da natureza por parte das persoas, pero tamén descubrirán lugares descoñecidos onde non todo está perdido.
Con esta lectura, o que pretendemos é que @s nos@s alumn@s tomen conciencia de que hai moitas actividades humanas que teñen consecuencias sobre a natureza.
A
profe Ángeles, tróuxonos algúns xirasoles que xa morreron para que @s nen@s puideran
ver o grandes que son e as súas sementes.
Primeiramente
miramos na pantalla dixital o conto cantado “girasol” e tamén “Celeste y el girasol” de Mempo Giardinelli. Esta
última historia, esta narrada polo pai de Celeste, que observa día a día como a
súa filla vai construíndo unha relación afectiva con unha flor de xirasol.
Despois cada alumn@ foi contando e collendo sementes da planta para metelas nun sobre e levar para casa.
Agora
non poderán plantalas, terán que esperar ata a primavera para facelo e así ver
como van medrando.
Para rematar, puxemos ao lado da planta e quitamos fotos para que @s nen@s puideran comprobaran canto máis grande era que eles.
Hoxe,
16 de outubro, é o día da alimentación.
O
obxectivo desta conmemoración é promover unha alimentación saudable e erradicar
a fame. É moi importante que nen@s e adultos tomemos conciencian de que alimentos
son fundamentais para o noso desenvolvemento físico e mental.
O tema
deste ano 2025 é “Man da man por uns
alimentos e un futuro mellores”. A través del queren expor as catro
melloras que son necesarias: unha mellor produción, mellor nutrición, mellor
medio ambiente e unha mellor vida.
Na aula
de natureza, estivemos falando de que debemos comer e cales é necesario comer
menos para crecer sans.
A través
deste libro, a nutricionista Blanca García-Orea quere que dende pequenos se
traballen os hábitos alimentarios saudables.
Despois cada nen@ díxonos cal e a verdura ou hortaliza e cal a froita que máis lle gustaba, e a continuación rodeounas.
Esta semana, @s alumn@s de Lois e Leiro levaron para as casas os froitos do marmeleiro para facer en familia o doce de marmelo.
Hoxe,
4 de outubro, é o día dos animais.
Esta
conmemoración, promovida pola Organización Mundial de Protección Animal, ten
como obxectivo frear a extinción de moitas especies.
E, a
mellor forma de celebralo é respectando a todos os seres vivos que conviven
connosco no Planeta.
Nós, na aula de natureza, estivemos lendo un precioso conto que leva por título “Fieras encantadoras. Una verdad sorprendente”. A través das súas follas, o que pretende é ensinar a nen@s e adultos a observar con atención aos animais e non xúlgalos a primeira vista, sen coñecer a súa cara máis fascinante e descoñecida.
Cantas cousas aprendemos sobre os gorilas, quenllas, rinocerontes, hienas, polbos, lobos, arañas, morcegos, abellas…
Despois desta lectura, cada nen@ rodeou aqueles animais que xa lle gustaban máis despois de descubrir cousas deles pouco coñecidas.
Despois de quitar as malas herbas do invernadoiro, estivemos poñendo máis terra nos parterres.
O próximo paso será plantar rica e saudables verduras.
Hoxe, @s alumn@s de Leiro estiveron enchendo de terra dúas mesas de cultivo que mercamos para ter máis sitio onde plantar verduras e hortalizas.
E @s de Sisán recolleron a colleita de marmelos do noso marmeleiro. Aínda non están maduros de todo, pero para que non se estraguen debido aos cambios de temperatura, puxémolos en dous barreños dentro da escola. Nuns días, poderán levalos @s nen@s as casas para facer marmelo.