viernes, 24 de octubre de 2025

DÍA INTERNACIONAL CONTRA EL CAMBIO CLIMÁTICO

Hoxe, 24 de outubro, é o Día Internacional contra o Cambio Climático.

Con esta celebración, trátase de concienciar sobre os grandes danos que se están xerando como consecuencia do cambio climático e, ao mesmo tempo, mobilizar e sensibilizar a todas as persoas a cerca dos seus efectos e o perigo que implica.

Por iso, é importante explicarlles @s nos@s alumn@s que eles poden participar activamente para protexer o noso Planeta a través de hábitos diarios como:

-Non malgastar a auga.

-Aforrar enerxía apagando ordenadores e televisores cando non os utilicemos, as luces cando non sexan necesarias, non tendo a neveira moito tempo aberta…

-Reciclando.

-Camiñando, andando en bicicleta ou transporte público no lugar de utilizar o coche.

-Plantando árbores.

-Facendo compost con mondas de froitas, herbas malas… para abonar as nosas plantas e verduras, no lugar de usar abonos químicos.

Despois estivemos mirando o vídeo de Happy Learning “El Cambio Climático. Aprende sobre el cambio climático y nuestro Planeta”, que explica de forma sinxela que cousas podemos facer para detelo.



A continuación lemos o conto "bichiños de luz" de Paula Inés Villanueva, que explica como Luciana (un vagalume), un forte vento o afasta do bosque onde vive coa súa familia. Desorientada, encontra a Julián que lle vai axudar a volver a casa. Nesta busca enfrontaranse coa realidade da destrución da natureza por parte das persoas, pero tamén descubrirán lugares descoñecidos onde non todo está perdido.

Con esta lectura, o que pretendemos é que @s nos@s alumn@s tomen conciencia de que hai moitas actividades humanas que teñen consecuencias sobre a natureza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario