miércoles, 10 de abril de 2019

VISITAMOS Á LONXA E O PORTO DE PORTONOVO

Hoxe mércores 10 de abril, realizamos unha saída á lonxa e porto de Portonovo. Recibimos esta invitación ao ser un dos colexios participantes do Plan Proxecta Aliméntate Ben.
Primeiramente Amaya, María e Cristián, dentro da lonxa, explicáronnos como se poxa o peixe. Os nenos estiveron sentados onde se facía esta actividade fai uns anos. A xente tiña un botón debaixo do asento, e o pulsaba cando quería mercar algunha das caixas de peixe ou marisco. Elisa e Dana prestáronse para facer unha poxa ficticia.



Actualmente hai un sistema máis moderno no que as caixas van por unha cinta transportadora e hai unha pantalla onde van aparecendo os nomes dos peixes e marisco que van pasando. Cada comprador ten un mando no que, cando decida a caixa que quere e lle interese o prezo que alcanza, pulsará o botón verde. 
Esta poxa é á baixa, é dicir, o prezo inicialmente é alto pero vai baixando ata que se realiza a compra.






Unha vez mercado, sae un tícket onde pon o nome do peixe ou marisco, cando e quen o pescou, peso…


Tamén puidemos ver as especies de peixes e mariscos que hai.


Despois saímos ao porto para ver algunhas artes de pesca:   
                    
 DE CERCO



 DE ENMALLE
  


CON NASAS



E para rematar, a cociñeira Teresa tiña preparada unha riquísima merenda con bocadillos e ensalada de mexillóns. 



Os nosos alumnos pasárono moi ben e aprenderon moitas cousas e, de agasallo, 
recibiron uns bonitos gorros





martes, 9 de abril de 2019

CANTOS SUPERAVÓS!

Temos que agradecer a todas as nosas familias a súa implicación no noso caderno viaxeiro dos superavós. As fotos son preciosas e nelas moitos nenos están realizando tarefas cos seus avós. A participación foi tan boa que ata coñecemos as afeccións de bisavoas.
E temos familias que incluso decoraron os sobres onde están os papeliños para cubrir polos superavós.
















lunes, 8 de abril de 2019

ELISA COMENDO LEITUGA

Anxo, o papá de Elisa da aula de Ribadumia B, mandounos estas fotos de Elisa comendo a leituga que lle tocou no sorteo que facemos das verduras e hortalizas que xa están listas para a colleita.


MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS!

viernes, 5 de abril de 2019

CABACIÑAS

Os alumnos de Sisán estiveron plantando cabaciñas no invernadoiro.



Teño que dar as grazas as mestras Marina e Anabel por plantar con eles esta hortaliza, 
ao non poder facelo eu por motivos persoais.

ACELGAS

Os nenos da aula de Lois estiveron plantando no invernadoiro acelgas.


 Tedes máis fotos neste ENLACE.

martes, 2 de abril de 2019