Primeiramente
Amaya, María e Cristián, dentro da lonxa, explicáronnos como se poxa o peixe. Os
nenos estiveron sentados onde se facía esta actividade fai uns anos. A xente
tiña un botón debaixo do asento, e o pulsaba cando quería mercar algunha das
caixas de peixe ou marisco. Elisa e Dana prestáronse para facer unha poxa
ficticia.
Actualmente
hai un sistema máis moderno no que as caixas van por unha cinta
transportadora e hai unha pantalla onde van aparecendo os nomes dos peixes e
marisco que van pasando. Cada comprador ten un mando no que, cando decida a
caixa que quere e lle interese o prezo que alcanza, pulsará o botón verde.
Esta poxa é á baixa, é dicir, o prezo inicialmente é alto pero vai baixando ata que se realiza a compra.
Esta poxa é á baixa, é dicir, o prezo inicialmente é alto pero vai baixando ata que se realiza a compra.
Unha
vez mercado, sae un tícket onde pon o nome do peixe ou marisco, cando e quen o
pescou, peso…
Tamén
puidemos ver as especies de peixes e mariscos que hai.
Despois
saímos ao porto para ver algunhas artes de pesca:
DE CERCO
DE ENMALLE
CON NASAS
E
para rematar, a cociñeira Teresa tiña preparada unha riquísima merenda con bocadillos
e ensalada de mexillóns.
Os nosos alumnos pasárono moi ben e aprenderon moitas cousas e, de agasallo,
recibiron uns bonitos gorros
recibiron uns bonitos gorros
No hay comentarios:
Publicar un comentario