domingo, 24 de febrero de 2019

BATIDO DE LARANXA

Como tiñamos moitas laranxas na laranxeira, decidimos facer un batido de laranxa cos nenos de Leiro.
Para o día do taller de cociña, trouxeron das casas un iogur natural.
Para facer a receita, primeiramente collemos as laranxa da árbore.




Despois falamos do que necesitabamos e os pasos a seguir para a súa elaboración.
 A continuación, escribiron o nome da receita e o dos seus ingredientes. 


E, puxémonos mans a obra...
Espremeron as laranxas.


Botaron os iogures e incorporamos á mestura un pouco de leite condensada para facela máis doce.


Bateron todo.


E para rematar… A BEBELO!






jueves, 21 de febrero de 2019

SOPA DE PORROS

Tania, mamá de Lía da aula de Leiro, mandounos unhas fotos nas que está preparando e comendo unha sopa cos porros que lle tocaron no sorteo das verduras que plantamos no noso invernadoiro.


DI QUE ESTABA RIQUÍSIMA!

Dende a aula de natureza queremos darlles as grazas, aos seus papás, por colaborar connosco enviando estas fotos.

martes, 19 de febrero de 2019

jueves, 14 de febrero de 2019

DÍA DA ENERXÍA

Mañá, 14 de febreiro, é o día da enerxía. 


Na aula de natureza estamos falando sobre que é a enerxía, que pasaría se non houbera e que podemos facer para aforrala e non malgastala.
Despois lemos o conto “¿Por que debo ahorrar energía?” da editorial Anaya.


Nel, os protagonistas da historia, dan resposta a nosa pregunta de cómo podemos contribuír ao aforro enerxético: mercando electrodomésticos que non consuman moita enerxía, cerrando as ventás cando está a calefacción posta, apagando as luces cando fai bo día e hai claridade, duchándonos e non bañándonos, utilizando menos o coche e no seu lugar collendo o autobús, tren, andando…, apagando o ordenador cando non se usa…


(As imaxes da ficha están collidas da páxina web da Fundación da enerxía da Comunidade de Madrid/Aprendea usar a enerxía)
Tamén estivemos vendo o etiquetado enerxético que traen os electrodomésticos e aparellos eléctricos, que permite comprobar canta enerxía consumen. 
Os máis eficientes son os que teñen A+, A++ e A+++ e os menos D,E, F e G.


miércoles, 13 de febrero de 2019

LEITUGA MORADA E RIZADA

 Os alumnos da aula de Lois, estiveron plantando no invernadoiro leituga morada rizada.


Máis fotos dos nenos AQUÍ.
Con algunhas delas faremos algunha receita saudable na aula.

martes, 12 de febrero de 2019

REPOLOS PARA AS CASAS

Os repolos do noso invernadoiro xa medraron, e estamos realizando o seu sorteo entre os alumnos do CRA.





Se queredes, podedes mandar ao correo electrónico do blog (blogdenatureza@gmail.com) algunha foto dos nenos comendo estas verduras que levan as casas.

viernes, 8 de febrero de 2019

ZAPATIÑOS DE VENUS

Hoxe, 8 de febreiro, os nenos de Sisán estiveron plantando no xardín zapatiños de Venus. O seu nome orixinal e calceolaria, pero comunmente tamén se lle chama capachiños, zapatiños da Virxe ou topa-topa.


Podedes ver máis fotos neste ENLACE.