Os/as
nenos/as da aula de Ribadumia B son os primeiros en iniciar as actividades da
aula de natureza este curso 2025-26.
Despois de poñerse as luvas e mandís, para non mancharse, fomos a limpar o invernadoiro para poder plantar verduras.
QUE TRABALLADORES!!
DEIXARON TODO LIMPO!!
Como facemos sempre, as herbas malas que recollemos nas carretas levámolas ó composteiro para que os bichiños as coman e as convertan nun abono moi nutritivo e sa para as verduras que plantemos.
Para rematar estivemos collendo as castañas que caeron dos nosos castiñeiros. Fixémolo con moito coidado, e abrindo os ourizos cos zapatos para non pincharnos con eles. Despois cada alumno/a levou algunhas para casa para degustar en familia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario