sábado, 23 de marzo de 2024

CANTAS ACTIVIDADES NUN DÍA!

Este venres, 22 de marzo, tivemos unha chea de actividades no CRA de Ribadumia.

Este curso 2023-24 somos un dos colexios participantes no Programa Donas de si do Plan Proxecta. Con el o que se pretende é que as novas xeracións se conciencien do papel relevante da muller na sociedade galega.

Por esta razón tivemos a visita do escritor galego Enrique Mauricio que veu a falarnos dunha delas: a oceanógrafa Ángeles Alvariño.

Esta investigadora conseguiu ser a primeira muller científica nun buque oceanográfico británico.

Con Enrique, os nenos, aprenderon moitas cousas da vida desta científica que lle aconteceron dende que era pequena.


Tamén veu Tania, unha ilustradora que fixo un precioso debuxo de Angeles Alvariño e despois animou aos nenos a que, coas súas indicacións, a debuxaran.


TEMOS VERDADEIROS ARTÍSTAS NO NOSO COLEXIO!!

Outra das actividades foi a de decorar vasiños de cartón con ceras manley, para despois pegarlle un coelliño de papel.


Unha vez que todos remataron, saimos a fora para que cada neno buscara un ovo de chocolate de Pascua  para meter no seu vaso.

E para rematar a mañá, recibimos outra visita que nos encanta…

Maruxa a hixienista dental!!

Con ela aprendemos moitas cousas: cal é a forma correcta de cepillarnos os dentes, que non debemos de comer para non ter caries, cantas veces temos que lavar os dentes ao día…

Ademais deulle aos nenos algúns agasallos como pasta de dentes con sabor a fresa, receitas de doces caseiros saudables e un diploma. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario