lunes, 29 de enero de 2024

ALGÚNS ANIMAIS DOS NOSOS BOSQUES

Na aula de natureza, estamos cun proxecto ao que puxemos por título “Camiño do bosque: flora e fauna galega”. A través del, primeiramente estamos coñecendo algúns animais dos nosos bosques.

Como algúns deles están en perigo de extinción (lobo, gato montes, cervo, corzo, oso pardo…), utilizamos dous contos para explicarlles aos nosos alumnos algunhas das causas e como as persoas podemos evitalas.


“La tortuguita y el mar” de Becky Davies (editorial Bruño) e “Ona, princesa del mar” de Amparo Martín Chaparro (editorial Babidibú), son dúas historias a través das que queren que sexamos conscientes da cantidade de lixo que se tira no mar e nos bosques, e o perigo que supón para os animais que viven nestes hábitats.



No hay comentarios:

Publicar un comentario