domingo, 30 de octubre de 2022

MAGOSTO-SAMAÍN

Este venres, 28 de outubro, celebramos no CRA de Ribadumia a festa do Magosto-Samaín.

Tiñamos adornado o colexio, pero o ANPA tamén o puxo precioso por fóra.


Os nenos trouxeron cabazas decoradas nas casas para expoñer.

Como facemos conxuntamente o Magosto e o Samaín, tamén aportaron castañas e carozos e piñas para asalas. As persoas que realizaron esta labor foron membros da ANPA de pais/nais de alumnos.


CANTO TRABALLARON!!

Para comezar, recibimos a visita da Banda de Música de Ribadumia que veu en representación da Escola de Música de Ribadumia. Amosáronnos, e ensináronnos os nomes, dos seus instrumentos de vento, deleitáronnos con algunhas cancións e todos os nenos que quixeron tiveron a oportunidade de probar como soaban elixindo o que máis lles gustaba.

Despois os alumnos, en grupos pequenos, estiveron rotando por tres talleres:

                                            De contacontos de medo 


Colorear unha careta de catrina


Circuíto de medo



Continuamos merendamos riquísimos doces que trouxeron as familias dos nenos de 5 anos.


Tamén tivemos un ratiño de patio, ata que comezou a chover…

E para a última parte da mañá, tivemos a representación da obra “La ensalada de la bruja” a cargo das profesoras Montse e Olalla. Nela, a mestra Malú, fixo de narradora.

CANTO RIMOS!! GRAZAS PROFES!!

Tamén os nenos bailaron a canción dos esqueletos que estiveron preparando na aula de música coa mestra Olalla.



TODOS ANIMÁMONOS A BAILAR CON ELES!!

ENCANTOUNOS OLALLA!!

Tiñamos preparada a carreira solidaria “A volta ao Cole” coa pretensión de correr para que todos os nenos enfermos de leucemia poidan volver ao colexio. Debido a que estaba chovendo, tivemos que facelo dentro dando voltas todos xuntos en dúas rodas cuns dorsais que nos enviaron.



As familias deron un donativo, que servira para seguir impulsando proxectos de investigación sobre esta enfermidade.

Para rematar a mañá cada neno levou nun bolsiño, que prepararon nas aulas con cartóns de leite que trouxeron das casas, un puñado de castañas asadas para degustar en familia.

Non queremos acabar esta entrada sen antes dar as GRAZAS á Banda de Música de Ribadumia, aos membros da ANPA pola súa colaboración e axuda e ás familias pola súa presenza e aportacións para celebrar esta festa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario