viernes, 5 de noviembre de 2021

PRÍMULAS E PEBIDAS DE CABAZA

Hoxe, venres 5 de novembro, os alumnos de Sisán plantaron prímulas no xardín.

Podedes ver máis fotos pinchando AQUÍ.

E tamén estiveron quitando as pebidas dunha cabaza que nos deu a profe Ángeles. 

Agora témolas a secar e despois gardarémolas ata preto da primavera. 
Nesta época faremos con elas pequenos alcouves, e cando medren as 
plantiñas transplantarémolas ao noso xardín.
Deste xeito, poderemos ter cabazas para o Samaín do vindeiro curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario