Un curso máis, volvemos a ser un dos colexios
participantes na 19ª edición do Programa Medioambiental Voz Natura. Esta vez,
baixo o lema “Coida a vida. Protexe os nosos ecosistemas”, queren propoñer que se traballe a protección dos
ecosistemas autóctonos con actividades como a erradicación de especies foráneas
e as reforestacións con especies propias.
Nos,
co proxecto que presentamos, “Loitemos por ese marabilloso tesouro natural que
son as nosas árbores autóctonas”, pretendemos concienciar á comunidade
educativa da necesidade que existe de desenvolver accións que leven á creación
dunha cultura ambiental e ecolóxica que sexa capaz de protexer, coidar e
conservar o medio ambiente.
Pensamos,
que os problemas do noso planeta non son un fenómeno novo. A destrución dos
bosques por incendios e a extinción de especies valiosas, son temas que están
presentes constantemente e que os nenos poden ver a través da televisión,
revistas, etc…E
por isto que consideramos que, dende a educación ambiental, é importante que os
nosos alumnos non aprendan mecanicamente e por repetición cales son os
problemas e cal é a forma de solucionalos. Senón que require un cambio de hábitos e costumes, un cambio de estilo de vida
e unha explicación aos nenos da necesidade de esforzarnos e de unirnos para
realizar a gran tarefa que o noso planeta está demandando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario