martes, 1 de abril de 2014

LEITUGAS PARA O INVERNADOIRO

Despois de que nos arranxaran o invernadoiro tivemos que botar abono. Unha vez máis, temos que dar as grazas a Albert e Ana (pais de Albert da escola de Sisán) que foron os que o trouxeron.
Como xa estaba todo listo comezamos a plantar leitugas cos alumnos da escola de Leiro.
Antes de realizar esta tarefa, na aula da natureza, estivemos poñendo as luvas, lembrando as normas de uso das ferramentas e como hai que facer para non estragar as plantas.
Aquí tedes algunha foto dos nenos plantando…

 
Se queredes ver máis fotos pinchade AQUÍ.

1 comentario: