martes, 19 de marzo de 2013

ESTA SEMANA CELEBRAMOS O DÍA DE…


Esta semana temos dúas celebracións na aula de natureza:

21 de marzo DÍA DA ÁRBORE

Con esta data o que se pretende é concienciar á xente da necesidade de protexer as árbores, xa que son moitos os servizos que prestan á vida e a actividade humana.
Entre os seus beneficios están: as súas follas fan diminuír a temperatura ambiental, provocan a choiva, producen osíxeno, reteñen as partículas contaminantes e o po do aire, filtran o vento, fan de pantalla contra o ruído , invitan a camiñar…

22 de marzo DÍA DA AUGA
Este ano 2013 foi declarado, pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, “Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga”. O obxectivo e facer un chamamento para que todos tomen conciencia de que a auga é un elemento esencial para a vida do que moitos países escasean. Por cada gota de auga no mundo malgastamos moito, por iso hai que cooperar e entre todos tratar de aforrala.


Durante esta semana estamos facendo diversas actividades para conmemorar estas dúas datas. Unha vez rematadas, iremos compartíndoas a través do noso blogue.

No hay comentarios:

Publicar un comentario