sábado, 2 de noviembre de 2024

MAGOSTO-SAMAÍN

Este venres, 1 de novembro, fixemos a festa do Magosto-Samaín no CRA de Ribadumia.

As familias trouxeron cabazas decoradas nas casas e tamén castañas, e carozos e piñas para asalas.

Durante a maña realizamos moitas actividades:

Lemos contos de medo…


Realizamos o paseo do terror que preparou o ANPA…


Tivemos un taller de experimentos que prepararon David e María. Nel faláronnos dalgunhas científicas importantes, cambiaron de cor líquidos, facer aparecer obxectos agochados botando auga a bolas de hidroxel, sacar unha lata dunha cunca soprando, meter un globo nunha botella, lograr que voe unha pelota cun secador, crear reaccións de líquidos en probetas…

A continuación merendamos deliciosos doces terroríficos que fixeron as familias nas casas.



Despois algunhas mestras representaron a obra de teatro “Os Malotes”.

Para rematar, @s nen@s bailaron unha canción que prepararon coa mestra Olalla, a bruxa Hermelinda preparounos unha beberaxe máxica e @s alumn@s levaron castañas que estiveron asando algúns papás, mamás, avós e avoas.








Queremos dar as grazas á ANPA por todo o traballo que realizaron.

QUE COUSAS TAN BONITAS FIXERON!!

QUE BEN O PASAMOS!!

viernes, 1 de noviembre de 2024

LIMPANDO O INVERNADOIRO

Esta semana estivemos lendo dous contos:

“Dhor el compostador”, que quere sensibilizar aos nenos sobre a importancia de reducir residuos e xestionalos a través da compostaxe.

“Frantisek el del compost”, no que un verme chamado Frantisek (aínda que é moi pequeno) vai contribuír de forma decisiva, xunto con outros amiguiños, a abonar a terra de forma natural e respectuosa co medio ambiente.

Despois destas lecturas imos limpar o invernadoiro, meter as herbas malas no composteiro e coller o compost que xa hai para abonar a terra antes de plantar as verduras.

Os encargados de limpar o invernadoiro foron @s alumn@s de Ribadumia B.

miércoles, 16 de octubre de 2024

DÍA DA ALIMENTACIÓN

Hoxe, 16 de outubro, é o Día da Alimentación.


Para conmemorar esta data, na aula de natureza, estivemos lendo o conto “Nunca jamás comeré tomates”. Nel, un neno chamado Juán ten unha irmá chamada Tolola á que case non lle gusta ningunha comidas, pero sobre todo odia os tomates. Para poder darlle de cear, vai idear formas, procedencias e divertidos orixes de cada un dos alimentos que ela detesta, para que acabe coméndoos con gusto.


Despois estivemos falando de cales son os alimentos dos que debemos tomar máis cantidade, por ser saudables, e de cales menos. Comendo os sans, imos medrar máis fortes, ter máis enerxía para xogar, aprender, fortalecer os nosos ósos e músculos e protexernos das enfermidades.

Tamén non debemos desperdiciar a comida, xa que hai moitas persoas no mundo que pasan fame por non dispoñer dela.

viernes, 11 de octubre de 2024

AS MASCOTAS D@S NOS@S ALUMN@S

@s nen@s xa trouxeron as fotos das súas mascotas, e explicaron aos seus compañeiros como se chaman, que comen, como se comportan, que fan para coidalas…

Aquí tedes os murais, de cada aula, que fixemos con todas elas.





CANTAS MASCOTAS!!

viernes, 4 de octubre de 2024

DÍA DOS ANIMAIS

 Hoxe, 4 de outubro, é o día dos animais.

Para conmemorar esta data estivemos falando do importante que é coidalos e protexelos, sobre todo as moitos deles que están en perigo de extinción (o pingüín, a tartaruga, o orangután, o tigre, o elefante, o rinoceronte…)

Despois estivemos lendo dous contos:

“El caracol y la ballena” (editorial Bruño). Onde un pequeno caracol e unha balea fanse amigos e viaxan xuntos percorrendo mundo. Pero un día a balea vese en perigo, e o seu compañeiro de aventuras terá que buscar a maneira de axudala.

“Cuentos Cortos de animales en peligro: Lula la tortuga” (editorial Bruño). Que narra como unha pequena tartaruga recen nacida, é a única que sobrevive aos depredadores grazas a un neno do que nunca se esquecerá. Moitos anos despois, cando xa é grande, volve á mesma praia para desovar e atópase co neto dese neno ao que o seu avó lle contou a historia de como salvou unha tartaruga.

Para rematar, cada alumn@ debuxou un animal en perigo de extinción. Para que esta actividade fora máis doada de realizar, utilizamos o libro “Como dibujar animales” (editorial Susaeta).

Pedimos ás familias que mandarán algunha foto dos animais que teñen na casa, e a vindeira semana cada nenos explicará aos seus compañeiros como se chaman, que cousas fai con el, como o coidan…

Coas fotos de todas as mascotas, faremos un mural por aula.

domingo, 29 de septiembre de 2024

RECOLLENDO A COLLEITA DE FROITAS

Como todos os cursos, ao inicio, recollemos a colleitadas nosas árbores froiteiras.

Esta vez atopámonos con que case non tiñamos froitas debido a os paxaros e abellas que as comen, pero tamén a xente que entra no noso xardín as leva. Ao non ter cerrado esta zona estámonos atopando con moitos problemas como romper os plásticos do invernadoiro, botar lixo no contedor onde recollemos a auga da choiva ou abrir a billa e desperdiciala toda, levar plantas…

As únicas que puidemos apañar foron as castañas e os marmelos. 




O vindeiro curso, se volvemos a atoparnos co mesmo problema, serán outras aulas as que levaran a colleita.

sábado, 28 de septiembre de 2024

A NOSA TARTARUGA BORJA SEGUE MEDRANDO!!

A semana pasada @s nen@s novos puideron coñecela e os de 4 e 5 anos comprobaron que medrou máis despois de todo o verán.

Déronlle de comer e comprobaron que acaba todo rapidamente.

LEIRO

RIBADUMIA B


LOIS

RIBADUMIA A


SISÁN

Durante o curso todos terán a oportunidade de alimentala.

A partires do mes de novembro, e ata a primavera, soen hibernar polo que xa non come case nada. 

viernes, 27 de septiembre de 2024

UN NOVO CURSO POÑEMOS EN MARCHA A NOSA AULA DE NATUREZA

Este curso 2024-25, seguimos sendo un dos colexios que forman parte do Programa Medioambiental Voz Natura da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Nesta 28º edición, quérese fomentar o coñecemento e uso da ciencia e o método científico para protexer o medio ambiente.

No CRA de Ribadumia, consideramos que as escolas son centros de aprendizaxe e que é nelas onde se deben producir os máis importantes labores de concienciación e de sensibilización medioambiental.

Debido ao maltrato que está sufrindo o noso ecosistema, todas as persoas somos necesarias para coidar o que fomos destruíndo e deteriorando, e así pouco a pouco reparar os danos ocasionados nel. Neste sentido @s nen@s son fundamentais xa que representan o futuro, por isto debemos ensinarlles a ser coidadosos co Planeta e a levar a cabo pequenos xestos a favor de mantelo san. Deste xeito, lograremos acadar que todo o que realizamos con eles para preservalo acabe converténdose nun hábito cando vaian medrando.

Debemos tratar de evitar que esta xeración cometa os mesmos erros que nós, é educala para construír un mundo mellor e máis sostible. Por iso, teñen que aprender a recoñecer condutas correctas, e desenvolver valores que demostren unha forma diferente de ver a natureza.

A través do noso proxecto “Educando a pequenos guardiáns do Planeta dende a escola” o que pretendemos é:

- Fomentar o se interese polo coidado e mellora do entorno.

- Conseguir que comecen a aprender cousas acerca do medio que lles rodea.

- Que empecen a diferenciar cales son as accións negativas e positivas que se realizan en canto ao coidado do medio ambiente. E ir adoptando hábitos que poidan minimizar as negativas.

- Ampliar os seus coñecementos ecolóxicos en temas como a enerxía, o cultivo das plantas, a auga, as árbores, a alimentación etc…

- Que recoñezan a importancia do emprego de abonos naturais para o xardín e invernadoiro, a través da elaboración de compost coas mondas das merendas e herbas malas do xardín.

- Que aprendan a:

·         Separar os residuos orgánicos dos inorgánicos a través da recollida selectiva.

·         Reutilizar algúns (botellas de plástico, vasos de iogur, tubos de papel hixiénico…).

- Que sexan capaces de buscar información, na zona documental da nosa biblioteca, sobre os proxectos que realizamos para deste xeito enriquecer os traballos que se levan a cabo.

O conto será un recurso moi utilizado, xa que consideramos que para @s nos@s alumn@s de 3 a 6 anos é unha maneira máis amena e efectiva de traballar os problemas medioambientais, xa que soen identificarse cos personaxes e poñerse no seu lugar. A través del captaremos máis a súa atención e interese, atoparán unha explicación máis razoada a todo o que acontece, entenderán a súa importancia e incorporarán de forma máis natural todas as cousas que podemos facer para preservar o noso Planeta.

jueves, 27 de junio de 2024

BO VERÁN FAMILIAS!!



Acaba este curso 2023-24, e dende a aula de natureza, queremos desexarvos que pasedes unhas boas vacacións de verán.

A Noel, Aarón, Noa, Ana, Paula, Regina, Sofía, Romeo, Benito, Nicolás, Valeria e Rodrigo, como rematan a etapa de Educación Infantil, dicirlles que os imos botar de menos e que estamos seguros de que lles vai ir moi ben na Educación Primaria que van comezar en setembro.

miércoles, 19 de junio de 2024

COMENDO SAUDABLES ACELGAS

Aquí temos unha foto de Antía, que enviou a súa nai Lorena, comendo as acelgas que lle tocaron con patacas e cenoria. 

QUE RICAS!!

GRAZASPOR COMPARTIR CONNOSCO A FOTO!!