viernes, 24 de noviembre de 2023

VIOLAS EN RODAS RECICLADAS

Os nenos de Ribadumia A estiveron plantando violas nunha das rodas recicladas que temos no xardín.


Podedes ver AQUÍ máis fotos.

MÁIS RESIDUOS PARA O COMPOSTEIRO

Como estivemos collendo moito compost do noso composteiro para abonar a terra do invernadoiro, estamos metendo residuos para elaborar máis.

LEIRO


LOIS


RIBADUMIA A

SISÁN

MÁIS VERDURAS PARA O INVERNADOIRO

Esta semana estivemos enchendo o invernadoiro de verduras.

LEIRO PUXO REPOLOS


Máis fotos neste ENLACE.

RIBADUMIA B PLANTOU ASA DE CÁNTARO


Tedes máis fotos AQUÍ.

LOIS SEMENTOU PORROS


E SISÁN COLIFLOR


Pinchando neste ENLACE hai máis fotos.

viernes, 17 de noviembre de 2023

PLANTANDO BRÓCOLI

Os alumnos de Ribadumia A estiveron plantando no invernadoiro brócoli.


Se queredes ver máis fotos pinchade AQUÍ.

LIMPANDO O INVERNADOIRO

Despois de máis de un mes chovendo, sen poder saír ao invernadoiro, tivemos que volver a limpalo para poder plantar nel. Os encargados de realizar esta tarefa foron os nenos de Lois.

Tamén estiveron collendo compost do noso composteiro, para enriquecer a terra de forma natural. 

viernes, 3 de noviembre de 2023

OSO QUIERE SER APICULTOR

Na aula de natureza, estivemos lendo un conto moi bonito e gracioso que leva por título “Oso quiere ser apicultor” (de Alex G. Griffiths e a editorial Jaguar). A través del, puidemos coñecer un pouco máis ás abellas e tamén que hai que facer para ser un bo apicultor, que son as persoas que cría e coidan a estos insectos para obter de eles beneficios como o mel, a cera….

Tamén estivemos mirando algúns vídeos para investigar sobre: quen vive na colmea e como son (raíña, abellón, obreira…), que fan estes animaliños para fabricar o mel, quen coida ás abellas e realiza a colleita, que traxe hai que poñer para que non piquen, como se extrae este alimento…


Tratando de aprender cousiñas sobre as abellas tamén descubrimos que a muller ten un papel moi importante na apicultura, xa que:

Nas pinturas rupestres que apareceron nalgunhas covas, queda demostrado que eran elas as que collían os panais de mel. A razón era, que nesta época os homes dedicábanse a cacería de grandes animais e as mulleres e nenos ían con cestas para facer recolección de froitos, sementes…, pero mentras realizaban esta tarefa tamén abordaban as colmeas e utilizaban fogo e fume para afastar as abellas e roubarlles o mel.

Tamén houbo unha muller inglesa chamada Eva Crane, que cambiou a súa vida grazas a un regalo de vodas. Xa que un dos agasallos foi unha colmea, e a razón de darllo foi que nesa época en Inglaterra (onde vivía) había unha guerra e o prezo dos alimentos, especialmente o azucre, era moi caro. Por iso, aos invitados pareceulle boa idea, xa que o mel podía substituílo.

Ela, empezou a interesarse polas abellas e estudou para aprender moitas cousas sobre elas, ata o punto que acabou converténdose nunha experta, escribiu libros e viaxou por moitos países para explicarlles a apicultores e granxeiros todo o que sabía. Tamén foi coñecida como “a raíña das abellas”


lunes, 16 de octubre de 2023

DÍA DA ALIMENTACIÓN

Hoxe, 16 de outubro de 2023, é o día da Alimentación.

O lema deste ano 2023 é: “A auga é vida. A auga nutre. Non deixar a ninguén atrás”.

Sabemos que é esencial para a vida na Terra xa que cubre a maior parte da superficie do Planeta, produce os nosos alimentos, constitúe máis do 50% do noso corpo… Por isto, temos que comezar a tomar medidas para xestionala de maneira prudente.

Este curso 2023-24 temos un dispensador de auga para recoller a da choiva, e regar con ela as nosas plantas e verduras. Deste xeito, estaremos aforrando a que colliamos da billa para realizar esta tarefa.

Para conmemóralo, na aula de natureza, estivemos lendo dous contos:

“Vamos al huerto” de R. Nadal (editorial EdArca). Que explica como hai que plantar as verduras, cales medran por enriba e por debaixo da terra, de que cores son, a importancia de regalas...

“El huerto. Un libro para iluminar” de Carron Brown (editorial Astronave). Nel, a través da plantación dunhas sementes de tomate imos descubrindo: que necesitan as verduras e hortalizas para medrar, que bichos e animais favorecen ou prexudican o seu crecemento, que ferramentas usamos para plantar e coidar a horta… 

Este último encantoulles, xa que nalgunhas follas hai cousas agochadas que podemos descubrir iluminando o seu reverso cunha luz.

Despois destas lecturas, falamos da necesidade de comer alimentos sans e non tiralos, xa que hai moita xente que ten falta deles.

Para rematar, escribimos a data e que é o que celebramos e despois cada neno coloreou e pegou ás  verduras e hortalizas que máis lle gustaba comer.


lunes, 9 de octubre de 2023

LIMPANDO O XARDÍN E INVERNADOIRO

Estes días estamos quitando, do invernadoiro e xardín, todas as herbas malas que saíron durante o verán.

Unha vez que estean limpos, comezaremos a plantar.

Como sempre, antes de realizar estas tarefas, poñemos as luvas e os mandís para non mancharnos de terra.

LEIRO


RIBADUMIA B



LOIS


RIBADUMIA A



SISÁN