As
nosas familias xa están traendo o caderno viaxeiro “CANTAS COUSAS FACEMOS PARA COIDAR O NOSO PLANETA!”, e temos que
felicitar a pais/nais e nen@s pola cantidade de cousas que fan nas casas para
coidar o medio ambiente: elaboran compost en composteiros mercados o feitos nas
casas, reutilizan vasos de iogur para plantar sementes, utilizan materiais de
refugallo para facer manualidades, empregan bolsas de tea para a compra,
reciclan o lixo nos distintos contedores, dúchanse no lugar de bañarse para
aforrar auga, veñen andando á escola para non contaminar cos coches, reciclan o
aceite vello xa que coñecen xente que fan xabón con el, usan paus en vez de
ferros para que trepen as legumes, apagan as luces cando saen dun cuarto, teñen
placas solares para xerar enerxía, cultivan de xeito ecolóxico…
jueves, 29 de mayo de 2025
CANTAS COUSAS FAN AS FAMILIAS PARA COIDAR O MEDIO AMBIENTE!!
martes, 27 de mayo de 2025
MOI MAL!
No CRA de Ribadumia estamos moi enfadados e triste, xa que este fin de semana pasado houbo festas e o luns atopámonos con varias desfeitas:
- Romperon os plásticos e madeira da porta do invernadoiro
- Levantaron toda a rede que tiñamos posta por enriba do dispensador de auga. A razón de poñela foi que, xa por varias veces, o utilizaban para tirar cousas. Primeiramente colocamos un cartel para indicar que non era un contedor de lixo, pero como seguían facéndoo tivemos que poñer a rede.
- Encontramos
restos de petardo polo xardín de Leiro.
- No
patio de leiro, que é de area, encontrámonos con moitos cristais rotos que
tivemos que recoller para que os nosos alumnos puideran saír a xogar no recreo.
Aínda
que dende a aula de natureza estamos tratando de concienciar a esta xeración de
nen@s do importante que é coidar o entorno e o medio ambiente, segue habendo
xente que non respecta espazos comúns e rompe plásticos e madeiras deinvernadoiro
que foron postos grazas á colaboración do concello e que costaron moitos cartos.
Nós
estamos apesarados con estas desfeitas, xa que coidamos moito os arredores do noso
colexio para mantelo limpo e bonito.
Non queremos rematar sen dar as grazas ao concello e aos seus operarios por acudir tan rápido e solucionar o problema da porta do invernadoiro e o do dispensador de auga.
POR FAVOR, AXUDÁDENOS A CONSERVAR
E MANTER BONITO O NOSO ENTORNO!
viernes, 23 de mayo de 2025
FESTA DOS MAIOS
Hoxe,
celebramos a festa dos Maios que tiveramos que aprazar debido ao mal tempo.
As
familias trouxeron flores, fiúncho, ovos baleiros, laranxas… para facer o Maio.
A ANPA trouxo unhas cousas moi bonitas para decorar.
Durante
a mañá realizamos varias actividades:
@s
nen@s estiveron facendo cadenetas de pampullos e ovos.
Viñeron
unhas pandeireteiras que tocan e dan clases, e amosáronnos diferentes tipos de
pandeiretas, pandeiros, latóns, culleres de pau… Tamén cantamos con elas o Pasodobre
de Verdillo, a saia da Carolina, e fixemos xogos populares de roda.
Merendamos riquísimos doces que prepararon as familias.
E para rematar, cantamos e bailamos ao redor do Maio acompañados do grupo de gaiteiros Demos da Petaca e tamén do pais/nais e avós/avoas dos nosos alumnos.
martes, 20 de mayo de 2025
E ENTÓN, UN XARDÍN
Hoxe, realizamos unha saída a Pontevedra para ir a Afundación (Obra Social ABANCA), que dentro do programa para escolares do curso 2024-25, tiñan a obra de monicreques “E entón, un xardín” da compañía Paporrubio.
Trátase comedia disparatada, con monicreques e música en directo, ao servizo da imaxinación que pretende poñer en valor a empatía, a responsabilidade e o respecto. Nela, o xardín convertese nun lugar de celebración e reivindicación onde os vexetais e animais son os protagonistas dunha historia na que a natureza esperta e reclama os seus dereitos.
sábado, 17 de mayo de 2025
DÍA DA RECICLAXE
Hoxe,
17 de maio, ademais de ser o día das Letras Galegas tamén é o día da reciclaxe.
Para conmemoralo estivemos falando o importante que é, para o medio ambiente, reciclar e
reutilizar algúns obxectos, xa que con estas accións estaremos reducindo a
contaminación.
Na escola xa temos contedores que teñen enriba as cousas que se poden meter en cada un para que @s nen@s non se confundan, e habituándose a velo acaben facéndoo sen necesidade de miralo.
A continuación estivemos vendo o que fai o colectivo RetoqueRetro, que esta formado polos artistas Isabel García, Javier Serantes e Ana Lee. Eles, todo o lixo que van recollendo os ecoloxistas e voluntarios das costas de Galicia (están facéndoo dende o ano 2012), utilízano como materia prima para darlle unha nova vida e crear pezas únicas.
Na aula de natureza, empezamos
a gardar as tapas de cores dos iogures de beber e, @s alumn@s de Ribadumia A aportaron moitísimas. Por iso, aproveitamos esta conmemoración para que puideran
ver todas as cousas divertidas que podemos realizar con elas, reutilizándoas en vez
de tiralas ao contedor do plástico.
Como tiña unha caixa de zapatos, costruímos dous taboleiros de tres en raia, e despois repasamos cales eran as súas regras para poder xogar.
Ademais
tamén fixeron coas tapas animais, flores, letras…


























































































