jueves, 19 de enero de 2017

PLANTANDO SEMENTES DE TAXETE EN MACETAS

Os/as nenos/as das aulas de Lois e Ribadumia A estiveron plantando sementes de taxete en macetas.

LOIS


 Máis fotos AQUÍ.

RIBADUMIA A


Tedes máis fotos neste ENLACE.

Para que xerminen máis rápido puxémolas no invernadoiro (así están máis quentiñas). 



Cando medren, cada alumno/a levará a súa para adornar na casa.

martes, 17 de enero de 2017

BERZAS E REPOLOS FADO OU CORAZÓN BOI

Os/as alumnos/as de Ribadumia B, estiveron plantando no invernadoiro...


BERZAS



REPOLOS CORAZÓN FADO OU CORAZÓN BOI



 Podedes ver máis fotos AQUÍ.

PREPARANDO RODAS PARA PLANTAR NELAS

A mestra María, da aula de Ribadumia A, tróuxonos unhas rodas grandes e pequenas para poñer no noso xardín e plantar nelas. Puxemos na base follas secas e despois, coa axuda da mestra Angeles, os/as nenos/as das aulas de Leiro e Ribadumia B estiveron levando cubos de terra (que collemos na parte do xardín onde estaba antes a composteira)  para enchelas. 




PEQUENAS PLANTAS DE TOMATE

As sementes de tomate, que plantaron os/as alumnos/as de Leiro, xa xerminaron e naceron pequenas plantiñas que separamos e transplantamos a macetas. Cando medren algo máis, cada neno/a levará a súa maceta para plantar na terra e poder ter unha boa colleita de tomates.




Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

jueves, 12 de enero de 2017

BRÓCOLI E COLIFLOR LISTOS PARA COMER

Xa medrou o brócoli e a coliflor e xa están listos para comer. Como coas outras verduras e hortalizas, estamos facendo o seu sorteo entre os alumnos/as das distintas aulas.




lunes, 19 de diciembre de 2016

SORTEAMOS REPOLOS

 Algúns dos nosos repolos xa medraron e están listos para que os nosos/as alumnos/as poidan levalos as súas casas para comer. 
Estes son os/as nenos/as aos que lles tocou nos sorteos que fixemos polas aulas.




sábado, 10 de diciembre de 2016

2016 ANO INTERNACIONAL DAS LEGUMES

Seguindo co noso proxecto sobre os alimentos, traballamos as legumes.



Estivemos falando de que a Asemblea Xeral das Nacións proclamou o 2016 como o Ano Internacional das Legumes e, designou á Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) para que facilitara a súa celebración.
Os obxectivos son desta proposta son:
- Concienciar da súa importancia nas dietas saudables, e a súa contribución á seguridade alimentaria e nutricional.
- Promover o seu valor e utilización na nosa alimentación e, os seus beneficios para a fertilidade do chan.
- Acadar unha maior produción de legumes.

lunes, 5 de diciembre de 2016

A PIRÁMIDE DE ALIMENTOS

Para continuar co noso proxecto sobre os alimentos fixemos unha pirámide. 
Primeiramente, os/as alumnos/as colorearon as letras do mural.



 Despois pintaron as froitas e verduras (estivemos mirando nos libros da nosa biblioteca como eran as súas cores) e escribiron os seus nomes en papeis adhesivos. 
Para rematar, pegáronas no mural diferenciando unhas de outras.



E así está quedando...


A nosa intencion é traballar na aula de natureza cada grupo de alimentos, e a 
continuación poñer os seus debuxos e nomes na pirámide.