miércoles, 21 de mayo de 2014

OS NENOS LEVAN LEITUGAS DO INVERNADOIRO

Xa medraron as leitugas que plantamos no noso invernadoiro, polo que comezamos o seu sorteo entre os nenos das distintas aulas.

Estes son os alumnos que as levaron e que esperamos, que fagan riquísimas ensaladas con elas.













                                                   
                                 
 
 


                                                   














lunes, 19 de mayo de 2014

MÁIS COUSAS SOBRE A AUGA…

Na aula de natureza, seguimos co noso proxecto sobre a auga…
Realizamos dúas novas actividades:
  •   Para que serve a auga. Estivemos traballando para que é necesaria a auga e todas as cousas que poderían pasar se quedaramos sen ela (morrerían os peixes, as plantas…).


  •  Estados da auga. Tamén falamos de todas as formas nas que pode aparecer a auga (sólida, liquida e gaseosa) e onde podemos atopar cada un deles.. 




jueves, 8 de mayo de 2014

MÁIS LEITUGAS PARA O INVERNADOIRO

Os alumnos da aula de Ribadumia A, estiveron plantando máis leitugas no invernadoiro… como é unha verdura que medra moi pronto imos ter máis posibilidades, cando chegue o seu sorteo, de que sexan moitos os nenos que poidan levalas para as súas casas e facer con elas ricas ensaladas. 



Máis fotos neste ENLACE.

miércoles, 7 de mayo de 2014

PLANTAMOS REMOLACHAS

Os nenos da aula de Lois, estiveron sementando plantiñas de remolacha no invernadoiro.



Cando medren, con elas e as leitugas, poderemos facer riquísimas ensaladas.

Se queredes ver máis fotos AQUÍ.

sábado, 3 de mayo de 2014

CONCURSO ESCOLAR “CUIDEMOS EL MEDIO AMBIENTE”

A Asociación Mundial de Educadores Infantís (AMEI-WAECE) co patrocinio da empresa de papelería e material escolar Produtos Imedio, convoca un concurso escolar co obxectivo de concienciar aos nenos da necesidade de coidar o medio ambiente. Nos xa participamos o curso 2012-13, gañando un segundo premio.
Este curso, intentámolo de novo cun traballo a través do que pretendemos recoller todas as cousas que podemos facer para coidar o noso Planeta.
Esta é a nosa proposta:
Portada có título


Resumo da intención do noso traballo


¿Qué podemos facer para coidar o Medio Ambiente?

Hai que utilizar abonos naturais




Un contedor para cada cousa




Plantar árbores. Son vida é saúde 



Non contaminar o aire






Non malgastar a auga. É de todos.



Aforrar electricidade














Fotos de todo o que facemos nos, na escola, para coidar o medio ambiente


Agora hai que esperar a que saia a lista dos premiados…

 SORTE A TODOS!