lunes, 17 de marzo de 2014

ANXO MOURE NO SALÓN DO LIBRO

Como xa sabedes, polas últimas entradas do noso blog, na aula de natureza estamos cun proxecto sobre Anxo Moure a través do que xa traballamos: os seus contos, algunhas das árbores que aparecen no seu libro “O carballo con botas”…

Agora, grazas ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, ides ter a oportunidade de levar aos vosos fillos para escoitar a súa historia do “pescador de contos e a xacía Luviñas”, xa que vai estar no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Estes son os días é horas nos que vai estar agasallándonos coas súas historias:

Xoves 20 de marzo ás 18:00h.
Domingo 23 de marzo ás 18:30h.
Mércores 26 de marzo as 18:30h.
Venres 28 de marzo ás 17:30h.
Luns 31 de marzo ás 18:30h.
Martes 2 de abril ás 18:00h.
Venres 4 de abril ás 18:00h.
Sábado 5 de abril ás 12:00h.

jueves, 13 de marzo de 2014

XA TEMOS O INVERNADOIRO ARRANXADO

Por fin o bo tempo permitiu que os operarios do Concello de Ribadumia puideran poñer os plásticos novos ao noso invernadoiro.
Temos que dar as grazas ao Concello pola súa colaboración co noso colexio, xa que sempre responden positivamente as nosas peticións.
Tamén queremos dar as grazas a Adolfo e aos empregados do Concello que viñeron a arranxalo.
 
Aquí tedes as fotos de cómo quedou…
 


miércoles, 12 de marzo de 2014

INIMIGOS DAS PLANTAS

Na aula de natureza, estivemos os nomes dalgúns inimigos das plantas e tamén observamos cales son os danos que producen nelas…


martes, 11 de marzo de 2014

AS NOSAS PRAIAS

Este curso 2013-14, na súa XVII edición, Voz Natura ten como tema central “os ríos e praias en boas mans” e, pretenden chamar a atención sobre a necesidade de protexelos e revitalizalos. Como os nosos alumnos son moi pequenos para realizar saídas e levar a cabo accións de limpeza, estudo das especies vexetais que existen neles…, imos traballar todo isto dende a escola.
Hoxe, aproveitando o bo tempo, comezamos na aula da natureza con esta nova actividade á que vamos a chamar:
“Caderno viaxeiro: As nosas praias”
Haberá un por aula e, a través deles, recolleremos:
-       As praias favoritas de mestres e alumnos do CRA de Ribadumia :por ser na que veranean, polas súas vistas, area, auga…

-       As deficiencias que atopamos nelas (a xente tira lixo, non ten socorrista e é un pouco perigosa, non hai duchas, ten desaugadorios de casas ou rios...) e que poderíamos facer para melloralas. 
-       Unha foto ou debuxo da mesma.
Aquí tedes as de algunhas mestras…




A alumna que vai a iniciar esta actividade é Sofía da aula de Ribadumia B.


viernes, 21 de febrero de 2014

O CASTIÑEIRO

Outra das árbores que aparece no conto do “Carballo con botas” é o castiñeiro.

Aquí tedes algunhas cousiñas que estamos aprendendo sobre ela…



martes, 18 de febrero de 2014

XOGUETES DO VENTO FEITOS NAS CASAS

Os nenos das distintas aulas, xa levaron ás casas o libriño de Cesar Manrique onde queda recollidos todos os traballos realizados sobre este escultor, arquitecto e pintor orixinario da illa de Lanzarote. Entre a súa obra escultórica, o máis destacado foron os seus “Xoguetes do vento” que podemos ver por toda a illa.

Nos fixemos algúns utilizando materias reciclados, pero o mal tempo aínda non nos permitiu colgalos nas árbores do noso xardín e poder amosarvos fotos deles.
Pero, grazas a que temos familias moi participativas, podemos ensinar o xoguete do vento que fixeron Rita (aula de Leiro) e a súa nai Tamara e do que nos enviaron fotos para poder compartilo connosco.

¡MIRADE QUE BONITO!




Dende o blog de natureza, queremos darlles as grazas e animar ás demais familias a que fagan os seus xoguetes do vento utilizando materiais reciclados e nos envíen fotos a blogdenatureza@gmail.com para poder colgalas no noso blog.


viernes, 14 de febrero de 2014

O CARBALLO

A nosa primeira árbore é a protagonista do conto de Anxo Moure… O carballo.
Vimos que é de folla caduca e que esta pola forma do seu borde é lobulada, que o seu froito son as landras…

Despois tamén estivemos traballando os nomes dalgúns animais que comen este froito.

miércoles, 5 de febrero de 2014

ANXO MOURE...

Na aula de natureza estivemos lendo dous contos de Anxo Moure: “O carballo con botas” e “A xacía Luviñas”. Os dous están feitos con papel reciclado e, cos cartos de cada libro vendido plántase unha árbore autóctona. 


Despois estivemos falando sobre a mensaxe que este escritor intenta transmitirnos a través deles, utilizando sabios consellos como: evitar os incendios forestales, manter limpos de lixo os bosques, praias, ríos…, reciclar….
Isto vai ser o punto de partida para traballar algunhas das árbores autóctonas (os seus nomes,  tipo de folla, froito…) que aparecen no seu conto “O carballo con botas”, tales como: carballo, castiñeiro, bidueiro, buxo, teixo…

sábado, 1 de febrero de 2014

AS FOLLAS…

Esta semana estivemos traballando os nomes dalgunhas follas pola forma do seu contorno.

Isto vai a ser o inicio dun novo proxecto no que imos a traballar algunhas das nosas árbores, tendo como punto de partido o conto de Anxo Moure “O carballo con botas”.
Anxo Moure, atrapacontos e cicliobibliotecario, vai ser o punto de partida deste traballo xa que a súa intención, como a nosa a través da aula de natureza, é a de protexer o medio ambiente. O que fai é atrapar os contos que se escapan dos bosques e gardalos nunha bicicleta, cun carriño dianteiro, para que os nenos e nenas os escoiten, coiden e, sobre todo os devolvan ao bosque a través de pequenas accións que protexan as árbores e os ríos que nel habitan.


Os alumnos e mestres do CRA de Ribadumia, queremos dar as grazas a Anxo Moure pola súa aportación ao coidado do medio ambiente.

miércoles, 22 de enero de 2014

ÚLTIMAS ACTIVIDADES SOBRE CESAR MANRIQUE

Para rematar o noso proxecto sobre Cesar Manrique, fixemos dous traballos máis.

1º Descubrimos que en Canarias cada illa ten unha especie representativa da flora e da fauna, polo que quixemos saber cales eran as de Lanzarote. Así, soubemos que:

-       O seu animal é o cangrexo cego. Mide sobre 1 cm, só podemos velo nos “Jameos del Agua”, a cor é branca e está en perigo de extinción. Algunhas das cousas que afectan a súa saúde son os metais, o ruído e a luz.
-       A súa planta é a Tabaiba doce. Trátase dun arbusto que perde as súas follas durante a primavera e verán e no outono e inverno volven a saírlle enchéndose de flores de cor amarelo. Desprende unha leite que axuda a curar as feridas e fortalece os dentes (incluso hai unha goma de mascar de tabaiba).
 

2º Xoguete do vento con material reciclado. Fixemos dúas fichas onde traballamos os materias necesarios para facelo e os pasos a seguir para a súa elaboración.

ANIMÁDEVOS A FACELO!