Hoxe,
20 de xaneiro, é o día dos Pingüíns.
Nas
aula de Sisán e Ribadumia, decidimos conmemoralo apadriñando un pingüín
coincidindo coa Campaña de Apadriñamento de Pingüíns 2025-26.
Illa
Decepción é o lugar onde viven estes pingüíns e no que está emprazada a Base
Antártica Española Gabriel de Castilla, na que se encontra a XXXVIII Campaña Antártica
do Exercito de Terra (CAET) que ten como compromiso apoiar a preservación deste
continente e do medio ambiente.
Con
esta adopción queremos acadar un compromiso ambiental apoiando a protección
deste continente e os seus ecosistemas, contribuír a que sobrevivan ata a idade
adulta e coiden aos seus fillos e, facer
do Planeta Terra un lugar máis limpo, saudable e equilibrado coa natureza.
Tivemos
que elixir o pingüín entre varias especies que viven aquí:
Pingüín
Papúa, que é rápido como un raio nadando e ten o pico laranxa brillante.
Pingüín
Barbijo, que ten unha liña negra baixo o queixo e unha gran capacidade vocal.
Pingüín
Adelia, que é pequeno pero valente e constrúe o seu niño con pedras.
Pingüín
Macaroni, que ten un peiteado punk de plumas amarelas e salta entre as rochas
como un acróbata.
Despois escollemos un nome para el entre todos, e puxemos que a razón de apadriñar é a
nosa preocupación pola extinción destes animais tan bonitos e curiosos.
E
XA RECIBIMOS O DIPLOMA DO NOSO APADRIÑAMENTO!!
Se
queredes apadriñar dende a casa, podedes entrar neste ENLACE.