viernes, 27 de febrero de 2026

SORTEO LEITUGAS

Esta semana, tamén estamos facendo o sorteo das leitugas que plantamos no invernadoiro. 


LIMPANDO O XARDÍN

Esta semana Ribadumia A estivo limpando o xardín.

Como tivemos moitas semanas de choiva, temos que volver a limpalo para poder enchelo de flores de cores. 




martes, 24 de febrero de 2026

sábado, 14 de febrero de 2026

RECEITA SAUDABLE

E, xa temos receita co brócoli que sorteamos!!

QUE RICO E SAUDABLE!!

DÍA DA ENERXÍA

 Hoxe, 14 de febreiro, é o día da enerxía.

Todos temos que usala de forma responsable, xa que é unha forza que fai que as cousas funcionen e cambien. Sen ela non habería luz, nin electrodomésticos, nin poderíamos ir en coche…, por iso temos que aforrala e utilizar tamén outras fontes de enerxías máis limpas e que non contamina como poden ser o sol e o vento.

Na aula de natureza, estivemos lendo o conto “¿Por qué debo ahorrar energía? (editorial Anaya), no que os protagonistas dannos resposta a preguntas como: ¿Por que é importante non malgastala? ¿Que podemos facer para contribuír ao aforro enerxético? (mercando electrodomésticos que non consuman moita enerxía, cerrando as ventás canto está a calefacción posta, apagando as luces cando fai bo día e hai claridade, duchándonos e non bañándonos, utilizando menos o coche e no seu lugar coller o autobús, tren, ir andando…, apagando o ordenador cando non se usa…).


A continuación vimos un vídeo de Smile Learn, para aprender que tipos de enerxía hai.



Tamén falamos do etiquetado enerxético que traen os electrodomésticos e aparellos eléctricos, que permite comprobar cales consumen menos e polo tanto axudan a protexer o medio ambiente.

jueves, 12 de febrero de 2026

SORTEO BRÓCOLI

O brócoli que plantamos no invernadoiro xa comeza a estar listo para a colleita, por iso estamos realizando o seu sorteo entre o noso alumnado.

ESTAMOS DESEXANDO VER AS RECEITAS PREPARAN CON EL!!

viernes, 30 de enero de 2026

DÍA DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, é o día da Paz. Coñecido tamén como Día Escolar da No Violencia e a Paz, celébrase en honor Mahatma Gandhi no aniversario da súa morte.

Na aula de natureza, estivemos falando do importante que é ser amable cos demais, axudarse e resolver os conflitos de forma pacífica.

Para conmemoralo, estivemos lendo dous contos:


“Me quedo contigo” de Smriti Halls. Que conta a amizade entre Oso e Esquío, dous animais que, a pesar das súas diferenzas, son grandes amigos que 
non poden vivir sen estar xuntos. 


“Encuentra un amigo” de María S. Costa. A Coello e Esquío encantaríalles encontrar un amigo. Os dous animaliños están tan ocupados coas súas propias vidas que, en diversas ocasións, perden a oportunidade de encontrarse… ¿Ocorrerá algún día ou continuarán sen coñecerse?.




Despois escribimos esta data, o que conmemoramos este día e debuxamos de forma fácil os tres animaliños que aparecen nos dous contos.




martes, 20 de enero de 2026

DÍA DOS PINGÜÍNS

 Hoxe, 20 de xaneiro, é o día dos Pingüíns.

Nas aula de Sisán e Ribadumia, decidimos conmemoralo apadriñando un pingüín coincidindo coa Campaña de Apadriñamento de Pingüíns 2025-26.

Illa Decepción é o lugar onde viven estes pingüíns e no que está emprazada a Base Antártica Española Gabriel de Castilla, na que se encontra a XXXVIII Campaña Antártica do Exercito de Terra (CAET) que ten como compromiso apoiar a preservación deste continente e do medio ambiente.

Con esta adopción queremos acadar un compromiso ambiental apoiando a protección deste continente e os seus ecosistemas, contribuír a que sobrevivan ata a idade adulta e coiden aos seus fillos e, facer do Planeta Terra un lugar máis limpo, saudable e equilibrado coa natureza.

Tivemos que elixir o pingüín entre varias especies que viven aquí:

Pingüín Papúa, que é rápido como un raio nadando e ten o pico laranxa brillante.

Pingüín Barbijo, que ten unha liña negra baixo o queixo e unha gran capacidade vocal.

Pingüín Adelia, que é pequeno pero valente e constrúe o seu niño con pedras.

Pingüín Macaroni, que ten un peiteado punk de plumas amarelas e salta entre as rochas como un acróbata.

Despois escollemos un nome para el entre todos, e puxemos que a razón de apadriñar é a nosa preocupación pola extinción destes animais tan bonitos e curiosos.

E XA RECIBIMOS O DIPLOMA DO NOSO APADRIÑAMENTO!!


Se queredes apadriñar dende a casa, podedes entrar neste ENLACE.

viernes, 16 de enero de 2026

É OS SUPERHEROES DA AULA DE NATUREZA SON…

As mestras do CRA de Ribadumia xa votaron para escoller ó superheroe da aula de natureza.Temos que dicir que custounos moito, xa que todos eran moi bonitos.

Ao final eliximos dous:

Supermariquita, que vai ser a encargada de lembrarnos que temos que coidar as plantas, árbores,animais e utilizar abonos naturais (compost) para que as nosas verduras sexan máis sas, enriquecer o chan e reducir a cantidade de lixo que vai ós vertedoiros.

Coidador da natureza, que será o que recordará que temos que reducir a cantidade de lixo, reutilizar, reciclar, aforrar auga e luz e evitar os fumes. 

sábado, 10 de enero de 2026

COLIFLOR E ROMANESCO PARA O INVERNADOIRO

Este venres, 9 de xaneiro, @s alumn@s de Leiro e Sisán estiveron plantando verduras no invernadoiro.

LEIRO – COLIFLOR


SISÁN – ROMANESCO



O romanesco e unha verdura que nunca plantamos, pero este curso decidimos facelo. Ten outros nomes como: brócoli romanesco ( polo seu parecido en cor ao brócoli), coliflor romana ( debido a que o seu orixe e da rexión de Roma en Italia e a súa relación coa coliflor), romanescu (outra forma de chamala en español ), broccoflower ( palabra en inglés que mestura as dúas verduras ás que se asemella ).

O aspecto é moi curioso, o sabor e unha mestura entre brócoli e coliflor con un toque doce a noz, e moitas propiedades nutritivas.

 Así que…

TEMOS QUE PROBALO!!