@s nen@s de Leiro, Ribadumia B e Lois e Ribadumia A estiveron plantando amorodos no xardín.
jueves, 27 de febrero de 2025
PLANTANDO AMORODOS , BOTANDO CORTIZA DE PINO E REGANDO
lunes, 24 de febrero de 2025
ACELGAS PARA O INVERNADOIRO
Como estamos dando moitas das verduras do invernadoiro debido a que xa están listas para a colleita, temos espazo para seguir poñendo máis. Por iso, esta semana os nenos de Leiro estiveron plantando acelgas.
viernes, 21 de febrero de 2025
SORTEAMOS COLIFLOR E REPOLOS!!
Xa temos listos para a colleita a coliflor e os repolos. Por iso, @ nos@s alumn@s, os están levando para degustar nas casas en familia.
viernes, 14 de febrero de 2025
DÍA DA ENERXÍA
Hoxe, 14 de febreiro de 2025, é o día da Enerxía.
En principio, parece unha palabra complicada para que @s nen@s de 3, 4 e 5 anos entendan o seu
significado. Por iso, temo que tratar de darlle un enfoque lúdico.
Empezamos por dicir que a enerxía é o motor de todas as actividades. É a
responsable de todos os cambios que se producen ao noso arredor: é a causante
de que as plantas e árbores medren, que
as maquinas funcionen ou que unha bombilla poida emitir luz. Nos xoguetes que
se moven tamén a temos a través das pilas.
Despois estivemos lendo dous contos que falan sobre ela.
“Akira y el rayo verde”, que pretende que @s nen@s comecen a coñecer que é a enerxía solar (paneis solares).
¿Por qué está triste la tierra?” no que, coa axuda dun extraterrestre que se chama Pif, descubrimos unha visión algo triste do noso Planeta. E o motivo desta tristeza, é o excesivo consumo de enerxía.
Pif daranos unhas pequenas nocións de que é a enerxía, o útil que é para nós e os múltiples usos que lle damos. E con el aprendemos a como evitar o seu desperdicio: cerrando rápido a neveira e as billas de auga quente, apagando a televisión cando non se vea e o ordenador cando non se use, utilizando a bicicleta no lugar do coche para algúns paseos, empregando a luz do sol no lugar de acender as luces…
NON MALGASTEMOS A ENERXÍA.
ENTRE TODOS PODEMOS!!
lunes, 10 de febrero de 2025
QUE RICO O BRÓCOLI E A COLIFLOR!!
Xa temos as receitas que fixeron as nosas familias co brócoli que sorteamosentre o noso alumnado e tamén coa coliflor.
Mandamos tamén as follas desta verdura, xa que tamén é
moi rica.
Cocido, con ovos, con cenoria, en tortilla… QUE RICO!!
O prato de verdura
que comeu Roi.
QUE
COMIDAS MÁIS SAUDABLES!!
viernes, 7 de febrero de 2025
A METAMORFOSE DA EIRUGA
No mes de decembro (pouco antes das vacacións de Nadal), atopamos algunhas eirugas no noso invernadoiro que estaban comendo o repolo.
Decidimos facer un experimento meténdoas nun terrario que temos, e poñéndolle moitas follas de repolo que xa estaban algo comidas por elas.
Esperamos ata a volta das vacacións para ver a súa metamorfose.
Cando voltamos, atopámonos xa con algunhas bolboretas e con outras aínda na crisálida.
Unha vez que todas se transformaron, decidimos soltalas no xardín.
Para estudiar un pouco máis este proceso, vimos un precioso vídeo para nen@s no que explícannos detalladamente esta metamorfose.
Incluso, puidemos ver como a eiruga muda a súa pel.