viernes, 5 de diciembre de 2025

EU SON DO MARRÓN

Esta semana vimos un anuncio, no xornal da Voz de Galicia, de que o concello de Lalín sumouse a campaña “Eu son do marrón” da Xunta de Galicia. Esta iniciativa pretende mellorar e incrementar a compostaxe de residuos orgánicos.

Iniciase con charlas informativas para explicar o uso correcto dos composteiros e a xestión do lixo orgánico. Despois, repártense cubos domésticos para almacenar estes restos de comida, mondas de froitas… E polas rúas hai contedores de cor marrón para que a xente, cunha chave, poidan abrilos e depositar o que acumulou nos seus cubos.

Nós, na escola, tamén realizamos esta tarefa aínda que o noso composteiro e de cor verde. Nel botamos mondas de froitas das merendas, herbas malas que recollemos ao limpar o xardín, follas… Cando xa temos compost, poñémolo no invernadoiro mesturado coa terra para que as nosas verduras medren máis e sexan máis saudables.

Relacionado coa compostaxe, limos un conto moi bonito titulado “Aqueles monstros anciáns que viven baixo a terra” da campaña de compostaxe de Sogama. Os protagonistas son tres bichiños que se chaman Rufo, Pedro e Coco, que viven baixo a terra onde pasan o tempo comendo os restos orgánicos que logo converten nunha terra máxica que aporta nutrientes moi bos ás verduras que logo serven de alimento.


NO CRA DE RIBADUMIA TAMÉN SOMOS DO MARRÓN!!

ÁRBORE DE NADAL CON MATERIAL DE REFUGALLO

Na aula de natureza, fixemos unha árbore con reutilizando tubos de papel hixiénico e anacos de papeis que non servían (están escritos por unha cara pero os gardamos para usalos para outras cousas).

Para elaboralo pintamos papeis de verde e marrón, a continuación botámoslles pegamento e empaquetamos tubos de papel hixiénico con eles. Despois coloreamos de cores estrelas, bolas e campás pequenas, e puxémoslle brillantina. E para rematar, pintamos de verde as bases redondas onde apoiar os tubos.


A QUE QUEDOU BONITA!!