Hoxe,
4 de outubro, é o día dos animais.
Esta
conmemoración, promovida pola Organización Mundial de Protección Animal, ten
como obxectivo frear a extinción de moitas especies.
E, a
mellor forma de celebralo é respectando a todos os seres vivos que conviven
connosco no Planeta.
Nós, na aula de natureza, estivemos lendo un precioso conto que leva por título “Fieras encantadoras. Una verdad sorprendente”. A través das súas follas, o que pretende é ensinar a nen@s e adultos a observar con atención aos animais e non xúlgalos a primeira vista, sen coñecer a súa cara máis fascinante e descoñecida.
Cantas cousas aprendemos sobre os gorilas, quenllas, rinocerontes, hienas, polbos, lobos, arañas, morcegos, abellas…
Despois desta lectura, cada nen@ rodeou aqueles animais que xa lle gustaban máis despois de descubrir cousas deles pouco coñecidas.