sábado, 4 de octubre de 2025

DÍA DOS ANIMAIS

Hoxe, 4 de outubro, é o día dos animais.

Esta conmemoración, promovida pola Organización Mundial de Protección Animal, ten como obxectivo frear a extinción de moitas especies.

E, a mellor forma de celebralo é respectando a todos os seres vivos que conviven connosco no Planeta.

Nós, na aula de natureza, estivemos lendo un precioso conto que leva por título “Fieras encantadoras. Una verdad sorprendente”. A través das súas follas, o que pretende é ensinar a nen@s e adultos a observar con atención aos animais e non xúlgalos a primeira vista, sen coñecer a súa cara máis fascinante e descoñecida.

Cantas cousas aprendemos sobre os gorilas, quenllas, rinocerontes, hienas, polbos, lobos, arañas, morcegos, abellas…

Despois desta lectura, cada nen@ rodeou aqueles animais que xa lle gustaban máis despois de descubrir cousas deles pouco coñecidas.


Nas aulas de Ribadumia B e Sisán tamén fixeron uns bonitos animais.

viernes, 3 de octubre de 2025

ACONDICIONANDO O INVERNADOIRO

Despois de quitar as malas herbas do invernadoiro, estivemos poñendo máis terra nos parterres.









O próximo paso será plantar rica e saudables verduras.

viernes, 26 de septiembre de 2025

COMO TRABALLAN ESTOS NEN@S!!

Hoxe, @s alumn@s de Leiro estiveron enchendo de terra dúas mesas de cultivo que mercamos para ter máis sitio onde plantar verduras e hortalizas.

E @s de Sisán recolleron a colleita de marmelos do noso marmeleiro. Aínda non están maduros de todo, pero para que non se estraguen debido aos cambios de temperatura, puxémolos en dous barreños dentro da escola. Nuns días, poderán levalos @s nen@s as casas para facer marmelo.

viernes, 19 de septiembre de 2025

CANTAS HERBAS MALAS!!

Estamos atopándonos con moitas herbas malas no xardín.

Pero temos que quitalas todas para deixalo limpiño, para poder plantar flores e que quede bonito.

Por iso, os/as alumnos/as estiveron traballando para lograr eliminar todas estas malas herbas. E, por suposto, seguimos botándoas no composteiro.











miércoles, 17 de septiembre de 2025

COLLENDO MÁIS CASTAÑAS E LIMPANDO O XARDÍN

Como xa temos limpo o invernadoiro, tócanos facer o mesmo co xardín.

Os/as alumnos/as de Lois son os primeiros en comezar con esta tarefa. E moi grande, e imos necesitar varios días para deixalo limpo e así poder comezar a plantar.



As herbas malas que recolleron, leváronas para o composteiro para facer compost.



Como temos dos castiñeiros, tamén estiveron apañando castañas para levar ás casas. 

martes, 16 de septiembre de 2025

LIMPANDO O INVERNADOIRO E COLLENDO FROITA

Os/as nenos/as da aula de Ribadumia B son os primeiros en iniciar as actividades da aula de natureza este curso 2025-26.

Despois de poñerse as luvas e mandís, para non mancharse, fomos a limpar o invernadoiro para poder plantar verduras.

QUE TRABALLADORES!!

DEIXARON TODO LIMPO!!

Como facemos sempre, as herbas malas que recollemos nas carretas levámolas ó composteiro para que os bichiños as coman e as convertan nun abono moi nutritivo e sa para as verduras que plantemos.



Para rematar estivemos collendo as castañas que caeron dos nosos castiñeiros. Fixémolo con moito coidado, e abrindo os ourizos cos zapatos para non pincharnos con eles. Despois cada alumno/a levou algunhas para casa para degustar en familia.

lunes, 15 de septiembre de 2025

QUE GRANDE ESTÁ A NOSA TARTARUGA!

 A nosa tartaruga Borja volveu á escola despois das vacacións de verán.

Os/as nenos/as atopárona moito máis grande!!

Agora temos que coidala entre todos/as e darlle de comer.

Dende finais do outono ata a primavera, vai comer pouco, xa que hiberna. Por iso, é moi importante alimentala ben antes, para que poida acumular as reservas de enerxía necesarias.


viernes, 5 de septiembre de 2025

UN NOVO CURSO, POÑEMOS EN MARCHA A AULA DE NATUREZA DO CRA DE RIBADUMIA

Este curso 2025-26, seguimos formando parte do Programa Medioambiental Voz Natura da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Nesta 29ª edición quere dárselle especial fincapé a crise climática e a realización de accións para combatila e a busca de solucións para mitigala.

Nós, a través do proxecto “Sementando un futuro verde: nen@s contra o cambio climático” queremos que o noso alumnado vaian adquirindo conciencia da importancia da natureza, e que ao mesmo tempo amplíen os seus coñecementos sobre ela a través dunha metodoloxía activa e participativa, co fin de lograr mellorar as súas condutas no futuro. Non soamente hai que valorala, senón tamén tomar as medidas necesarias para non facerlle dano e saber que pequenas e simples actitudes e accións poden contribuír ao seu coidado. É necesario espertar neles e nas súas familias un respecto cara o seu contorno, que os faga ser capaces de conservalo e compartilo cos demais de forma solidaria.

Dende a escola, traballaremos con eles aspectos como:

- Que a auga non é un recurso ilimitado. 3 de cada 10 persoas no mundo non teñen acceso á auga potable no seu fogar. Temos que educar @s nos@s alumn@s para que a aforren: duchándose no lugar de bañarse, cerrando a billa mentres cepillan os dentes, regando con regadeiras e non mangueiras…

- Que temos que reciclar o papel. Teñen que aprender a utilizar as dúas caras do papel, así como separar os residuos dende pequenos.

- Usar o transporte público ou a bicicleta. Ao utilizar esta última, ademais de facer deporte, estarán protexendo o medio ambiente e xerando cidades menos contaminadas.

- Reutilizar. Son moitas as utilidades que podemos darlle a múltiples obxectos sen necesidade de tiralos antes de tempo (vasos de iogur para plantar sementes, tapas de botellas para facer xogos, cortizas para elaborar árbores de Nadal, botellas pequenas de auga para crear instrumentos musicais…). Tamén estaremos coidando o medio ambiente facendo que a roupa pase de xeración en xeración, doando libros ou comprándoos usados, restaurando mobles antes de desfacernos deles…

- Ir retirando o plástico das nosas vidas. Cada vez hai máis xente que usa bolsas de tea, pero aínda seguemos abusando do plástico en moitos obxectos da nosa vida diaria. Temos que intentar reducilo ao máximo.

- Ensinarlles a facer manualidades con obxectos que temos por casa ( tubos de papel hixiénico, botellas de deterxente, latas…) ou da natureza (pedras, follas, paus…).

- Educalos no respecto polos animais e as plantas.

- Favorecer que consuman alimentos frescos de temporada.

- Que aprendan a apagar a luz cando non están nas habitacións ou fai sol e non é necesaria, ordenador ou tablet cando non os utilicen, televisión cando non a están  vendo… Ademais de aforrar, estarán coidando o planeta.

- Facer un consumo responsable e soamente adquirir o imprescindible cando se necesite. Comprando máis, tiramos máis.

O noso obxectivo principal é que logren sincronizarse co medio ambiente e natureza, comecen a sensibilizarse sobre a necesidade de protexelos, aprecien todos os beneficios naturais que nos proporcionan e aprendan a utilizalos na vida diaria para o seu consumo de forma responsable e ecolóxico.

Para o vindeiro curso 2025-26 tamén pretendemos que:

- Aprendan a plantar e realizar tarefas de limpeza do xardín e invernadoiro.

- Adquiran hábitos saudables. Co noso invernadoiro cultivarán e coidarán as verduras que plantan, para posteriormente levalas ás casas para degustar en familia alimentos sas.

- Saiban o importante que é o emprego de abonos naturais. Para iso, elaboraremos compost coas mondas das froitas das merendas, herbas malas do xardín…, e despois mesturarémolo coa terra do noso invernadoiro para que as nosas verduras crezan más naturais e saudables.   

- Comecen a:

·         Realizar a recollida selectiva, a través da separación dos residuos. Para isto, contaremos con contedores de plástico, papel e cartón e orgánico.

·         Reutilizar algúns materiais de refugallo para darlle unha nova vida (botellas de plástico, tubos de papel hixiénico, tapóns, caixas…).

- Coñezan as conmemoracións (día dos animais, da reciclaxe, dos bosques, da auga…) coas que pretendemos sensibilizalos sobre a importancia de protexer o medio ambiente, a natureza e os seres que nela habitan.

Como @s nos@s alumn@s teñen idades comprendidas entre os 3 e 6 anos os contos e vídeos educativos serán uns recursos moi utilizado, xa que consideramos que son unhas moi boas ferramentas coeducativas que estimulan a súa imaxinación e transmítenlles moitos valores dun xeito máis ameno e efectivo. A través deles imos captar máis a súa atención e interese, atoparán unha explicación máis razoada a todo o que acontece, entenderán a súa importancia e incorporarán de forma máis natural todas as cousas que podemos facer para preservar o noso Planeta.

Ademais, no caso dos contos, son vehículos de información cos que aprenden máis facilmente grazas a fantasía e maxia que espertan e, tamén soen identificarse cos seus personaxes e poñerse no seu lugar.

lunes, 23 de junio de 2025

BO VERÁN A TODOS!!

Remata este curso 2024-25 e, dende a aula de natureza, queremos desexar a toda a nosa comunidade educativa un bo verán.

A Brais, Lúa, Antía, Omar, Roi, Sofía, Suri, Daniela, Lara, Jose, Aloia, Pablo, Aroa, Adán, Manu, Alma, Giancarlo, Valentina Aragunde, Lola, Ainhoa e Jesús, que rematan a etapa de Educación Infantil no C.R.A de Ribadumia, dicirlles que estamos seguros de que lles vai ir moi ben nesta nova etapa na Educación Primaria. Tamén esperamos que veñan a visitarnos, algún luns pola tarde, para contarnos todas as cousas que fan no novo colexio.

martes, 17 de junio de 2025

PLANTANDO CABACIÑAS NO XARDÍN

 Eloy e Pablo, trouxeron da casa dúas plantas de cabaciña que puxemos no xardín.

MOITAS GRAZAS!!

ESTAMOS DESEXANDO QUE MEDREN PARA TER FROITOS!!