domingo, 30 de abril de 2023

FESTA DOS MAIOS

Este curso 2022-23 volvemos a celebrar a festa dos Maios, xa que debido ao Covid non o faciamos dende o curso 2018-19.

Para ese día, pedimos ás familias que trouxeran fiúnchos, flores, ovos baleiros e laranxas para decoralo.

Durante esta xornada os nosos alumnos fixeron cadenetas de flores para adornar o Maio e tamén participaron en talleres de xogos tradicionais que trouxo a ANPA.

Para a merenda tivemos deliciosos doces que prepararon as familias para este dí


.

E para rematar a mañá, mestres, nenos e pais/nais cantamos ao redor do Maio acompañados do grupo de gaiteiros Demos da Petaca, que viñeron grazas ao ANPA do noso colexio. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario