E, xa temos receita co brócoli que sorteamos!!
QUE RICO E SAUDABLE!!
Hoxe, 14 de febreiro, é o día da enerxía.
Todos
temos que usala de forma responsable, xa que é unha forza que fai que as cousas
funcionen e cambien. Sen ela non habería luz, nin electrodomésticos, nin poderíamos
ir en coche…, por iso temos que aforrala e utilizar tamén outras fontes de enerxías
máis limpas e que non contamina como poden ser o sol e o vento.
A continuación vimos un vídeo de Smile Learn, para aprender que tipos de enerxía hai.
O brócoli que plantamos no invernadoiro xa comeza a estar listo para a colleita, por iso estamos realizando o seu sorteo entre o noso alumnado.
ESTAMOS DESEXANDO VER AS RECEITAS PREPARAN CON EL!!