jueves, 29 de mayo de 2025

GALICIA SABE aMAR

Unha foodtruck da campaña da Xunta de Galicia “Galicia sabe aMar” visitou as catro escolas do CRA de Ribadumia, para animarnos a consumir mariscos e pescados da nosa terra e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

Así, mestres e alumn@s puidemos degustar tres tipos de petiscos realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.








QUE RICOS ESTABAN TODOS!

Antes de marcharse déronnos unhas bonitas libretas que tiñan na portada o lema desta campaña. 

Ademais agasalláronnos con unhas bonitas libretas!!

CANTAS COUSAS FAN AS FAMILIAS PARA COIDAR O MEDIO AMBIENTE!!

As nosas familias xa están traendo o caderno viaxeiro “CANTAS COUSAS FACEMOS PARA COIDAR O NOSO PLANETA!”, e temos que felicitar a pais/nais e nen@s pola cantidade de cousas que fan nas casas para coidar o medio ambiente: elaboran compost en composteiros mercados o feitos nas casas, reutilizan vasos de iogur para plantar sementes, utilizan materiais de refugallo para facer manualidades, empregan bolsas de tea para a compra, reciclan o lixo nos distintos contedores, dúchanse no lugar de bañarse para aforrar auga, veñen andando á escola para non contaminar cos coches, reciclan o aceite vello xa que coñecen xente que fan xabón con el, usan paus en vez de ferros para que trepen as legumes, apagan as luces cando saen dun cuarto, teñen placas solares para xerar enerxía, cultivan de xeito ecolóxico…